Faculties committees
This content is currently not available in English
A xunta de escola ou de facultade é o órgano de representación, decisión e goberno de cada centro
Cada Xunta de Centro, nos termos que establezan os estatutos, elixen á persoa decana ou directora do centro, de entre o profesorado que teña vinculación permanente á Universidade, adscrito ao centro. Das xuntas de centro dependen cometidos cruciais como o debate e aprobación da proposta de distribución do orzamento anual de cada centro e da súa execución, así como a implantación e seguimento dos plans de estudos.
Funcións
Son funcións da Xunta de Centro:
- Elaborar, aprobar e modificar a proposta do seu regulamento de réxime interno e doutros regulamentos de carácter organizativo considerados necesarios.
- Elixir e revogar o decana ou decano ou a directora ou director.
- Aprobar a proposta de distribución do orzamento anual do centro e a súa execución.
- Implantar e seguir os plans de estudos.
- Coidar do bo funcionamento de todos os órganos e servizos do centro.
- Preparar e coordinar, de modo eficaz e adecuado, o horario das distintas materias, cursos monográficos, cursos de especialización, probas parciais e finais, e a distribución de aulas e servizos e de ensinanzas complementarias.
- Habilitar medidas de control para cumprir as obrigas docentes.
- Distribuír os espazos que lle sexan asignados.
- Aprobar e executar o sistema de garantía de calidade.
- Aqueloutras que lle poidan atribuír estes estatutos e outra normativa vixente.