Mobility grants

This content is currently not available in English

Destinadas a financiar os gastos derivados dos desprazamentos e mobilidade do estudantado.

 

Universidade de Vigo

Bolsas destinadas a contribuír a paliar os gastos ocasionados ao estudantado da Universidade de Vigo matriculado nos programas de doutoramento, con motivo da asistencia a cursos, congresos, e realización de actividades incluídas na súa programación académica, que impliquen desprazamento

Consulta a convocatoria

 

Bolsas destinadas a sufragar os gastos derivados da realización de actividades de contido formativo dos mestrados oficiais impartidos pola Universidade de Vigo, que se teñan que desenvolver nun lugar diferente ao da sede do mestrado.

Consulta a convocatoria

 

Mobilidade - RSU para realización do TFG/TFM en países en desenvolvemento

Bolsa co obxecto de permitir que estudantes da Universidade de Vigo poidan realizar unha estadía vinculada a unha entidade de cooperación nun país dos sinalados neste apartado no transcurso da elaboración do seu Traballo Fin de Grao ou Traballo Fin de Máster no que traten aspectos relacionados coa Axenda 2030, a Cooperación ao desenvolvemento e a Responsabilidade Social.

Consulta a convocatoria

 

O obxectivo desta convocatoria é fomentar a participación do estudantado en proxectos e eventos de carácter cultural, científico, de especialización ou perfeccionamiento que complementen a súa formación académica.

Dispón de 3 modalidades en función da súa finalidade:

  • Modalidade A: Axudas para a realización de viaxes de interese académico (quedan excluídos os desprazamentos vinculados a prácticas), co obxectivo de ofrecer ao estudantado a posibilidade de visitar instalacións, institucións ou localizacións que lles sirvan para adquirir competencias e coñecementos relacionados co ámbito curricular da súa titulación.
  • Modalidade B: Axudas para a participación en congresos, reunións científicas, cursos (excluídos os cursos de idiomas), seminarios, debates e outras actividades de interese académico, co obxectivo de fomentar a participación do estudantado en congresos e reunións científicas relacionadas coas súas titulacións.
  • Modalidade C: Axudas para a realización de proxectos de interese académico, de divulgación, de carácter científico ou cultural, co obxectivo de sufragar os gastos ocasionados pola realización por parte do estudantado de proxectos titorizados polo profesorado.

Consulta a convocatoria

 

Destinada a cidadáns ourensáns, galegos e españois residentes no estranxeiro, aos seus descendentes e demais cidadáns estranxeiros residentes fóra de España para cursar estudos de primeiro de máster no campus de Ourense.

Consulta a convocatoria

 

Destinada a persoas matriculadas no Máster en Menores en situación de desprotección e conflito social entre nacionais dun país de América Latina, membro da Comunidade Iberoamericana de Nacións ou de Portugal

Consulta a convocatoria

 

Destinada ao estudantado de Programas de Doutoramento da Universidade de Vigo.

Consulta a convocatoria

 

 

Xunta de Galicia

Axudas ao estudantado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2019, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

Procedemento: ED416A

Consulta a convocatoria

 

 

Programas de mobilidade internacional

Axudas do Plan de axudas á investigación

(estudantado de doutoramento)

 

Contacta con nós en:

+34 986 814 094
bolsasformacion@uvigo.es