Vice-Rector for Communication and Institutional Relations

This content is currently not available in English

Mónica Valderrama Santomé, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais

 

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciada e doutora en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo e premio extraordinario de Doutoramento, é profesora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade . 
Ten experiencia profesional en diferentes medios de comunicación galegos de prensa escrita e colaboradora habitualmente nas revistas Extradixital e The Conversation

Conta con múltiples publicacións científicas, monográficos, participacións en congresos, comités de redacción, revisión, coordinación de manuais e conferencias. Directora de tres teses doutorais e de preto dun cento de proxectos fin de carreira e de  grao, realizou estancias en centros estranxeiros nas universidades de Anahuac (campus Xalapa e Cancún), PUC-Minas Gerais (Brasil), Colima (México), Lumsa e Campobasso (Italia), Wroclaw (Polonia) e Zadar (Croacia). 

Desempeñou varios cargos de xestión: vicedecana de Calidade da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, coordinadora do Grao de Comunicación Audiovisual e directora do Mestrado en dirección de arte publicitaria. Desde o ano 2018 é vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais e é unha das responsables da Unidade de Cultura Científica e Innovación da Universidade de Vigo.

Pertence ao grupo de innovación docente ComTecArt dirixido polo profesor Antonio Pino do Departamento de Enxeñaría das Tecnoloxías de Telecomunicacións e, desde o ano 2000, imparte diferentes materias dos títulos vencellados á comunicación e á produción publicitaria en medios audiovisuais

No eido da investigación, é membro do grupo CP2 da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e conta con dous sexenios recoñecidos. As liñas de traballo desenvolvidas van da análise e uso de medios virtuais, as novas tendencias en comunicación, creatividade en medios audiovisuais emerxentes, evolución da produción publicitaria, novos formatos, identidade corporativa, redes sociais; ata as novas tecnoloxías aplicadas á comunicación das organizacións.

  • Julinda Molares Cardoso
    Directora da Área de Imaxe
    +34 986 813 411
    dirimaxe@uvigo.gal
  • M.ª del Carmen Echevarría Figueroa
    Xefa do Gabinete de Prensa 
    +34 986 813 604 
    duvi@uvigo.gal

  • As referidas á identidade corporativa da universidade e á xestión da comunicación interna e externa.
  • As relacións, en representación do reitor, coas institucións, organismos e empresas de carácter público e privado, así como a sinatura de todo tipo de convenios e protocolos relacionados coas actividades destas, cando así sexa considerado oportuno polo reitor.
  • As relacionadas coa comunicación nos ámbitos da orientación e fomento do emprego e das iniciativas empresariais.
  • As relacionadas coa comunicación relativa ás actividades docentes, en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade.
  • As relacionadas coa comunicación relativa ás actividades de I+D+i, en colaboración coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.
  • As relacionadas con empresas e institucións, incluída a sinatura de convenios de colaboración en todas as materias obxecto desta delegación.
  • As relacionadas co patrimonio inmaterial.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

 

Axenda

 

Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal