Secretariat

This content is currently not available in English

A través da Secretaría, a Universidade de Vigo pon a disposición do seu alumnado, PDI e PAS un bo número de servizos dixitais coa finalidade de facilitar trámites e achegarse dun xeito sinxelo ás persoas usuarias.

Que é a Secretaría?

Trátase da túa propia secretaría na rede. A través dela poderás realizar multitude de trámites de interese:

  • Como estudante: poderás consultar as túas notas, modificar os datos persoais que ten a universidade de ti, facer a matrícula en 2.º e posteriores cursos, realizar modificacións á matrícula nos prazos establecidos, solicitar a anulación da matrícula, solicitar o envío de notas ao teu móbil, solicitar bolsas da UVigo (comedor, residencia..), xestionar os teus contratos de mobilidade (se fas unha estadía de estudos noutra universidade ou país) etc.
  • Como PAS: poderás ter acceso a múltiples aplicacións útiles para o teu traballo, como o tradutor especializado, a consulta das nómina etc.
  • Como PDI: poderás consultar as listaxes de alumnado, calificar as actas, consultar a nómina, xestionar os contratos de intercambio etc.

Como acceder?

Para acceder precisas dispor do teu identificador na UVigo. Se es estudante, créase de xeito automático, se non pódelo crear ti mesmo cun par de clics.

Unha vez que o teñas, poderás acceder á Secretaría identificándote co teu documento de identidade, coa túa conta de correo UVigo ou cun certificado dixital.

 

Accede á Secretaría