Social Council
This content is currently not available in English
O Consello Social, que goza de plena independencia no exercicio das súas competencias, é o órgano de participación da sociedade na universidade que impulsa a colaboración entre elas contribuíndo eficazmente ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico e cultural de Galicia. Tamén vela pola mellora da calidade na educación superior universitaria e procura obter os recursos precisos para garantir a suficiencia económica e financeira.
O Consello Social da Universidade de Vigo foi constituído o 20 de xullo de 1995, en aplicación das leis 5/1987 e 11/1989.
Membros
Ernesto Pedrosa Silva
Presidente
Foi nomeado o 1 de setembro de 2011, sendo presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo.
Pertence ao Consello Social dende o 24 de novembro de 2003, designado pola Orde do 19 de novembro. Antes de ocupar este cargo, durante a presidencia de Emilio Atrio Abad, ocupou a cadeira de vicepresidente desde o 14 de xullo de 2004.
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogado en exercicio desde o ano 1984 e letrado asesor xurídico de importantes empresas con sede social na provincia de Pontevedra.
O Secretario do Consello é Ignacio Rodríguez Iglesias.
As persoas elixidas polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo son as seguintes:
- Manuel Joaquín Reigosa Roger
- María José Bravo Bosch
- Yolanda Trinidad Lesmes Romero
- Natalia Caparrini Marín
- Carlos Mollinedo Lois
- Estela Lima González
Outros membros ordenados por ámbito de procedencia:
A elección do Parlamento de Galicia
- Jesús Graña Nogueiras
- M.ª Elvira Larriba Leira
- Xosé Manuel Atanes Limia
- Xulio Calviño Rodríguez
- M.ª de los Ángeles García Míguez
- Yolanda López Fernández
A elección da Xunta de Galicia
- Francisco Gustavo Izquierdo Martínez
- María Teresa Cendón Alonso
- Silvia Crespo Tobío
- Antonio Martiño Gómez
- Ana Ortiz Álvarez
A elección das corporacións locais dos campus
- Demetrio Gómez Xunqueira
- Mercedes Castro Mouzo
- José Ignacio González Pérez
A elección pola representación sindical
- Emilio Fernández Zunzunegui
- M.ª Elena Añel Cabanelas
- Juan José Santamaría Conde
A elección das organizacións empresariais
- David Martínez Alonso
- Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa
- María Sol Novoa Rodríguez
- César Blanco Gómez
A elección da asociación de antigos alumnos da Universidade
- Avelino Muleiro García
A elección dos colexios profesionais
- Antonio Macho Senra
Funcións
A misión do consello é velar pola satisfacción das expectativas e necesidades da sociedade por parte da universidade. Como órgano de goberno, colabora na definición da planificación estratéxica, desenvolve funcións de control e de supervisión das actividades de carácter económico e do rendemento dos servizos. Procura a mellora continua destes últimos e promove as políticas de calidade.
Catálogo de cometidos
- Aprobarase o orzamento anual e a programación plurianual da universidade tras o informe do Consello de Goberno.
- Aprobaranse as contas anuais da universidade e das sociedades nas que teña presenza maioritaria, podendo encargar a realización de auditorías externas.
- Aprobarase a disposición sobre bens inmobles e mobles da universidade e a desafectación dos seus bens de dominio público.
- Supervisarase o rendemento e a calidade dos servizos universitarios.
- Promoverase a colaboración da sociedade no financiamento do ensino e da investigación da universidade e a captación de recursos económicos externos.
- Impulsaranse as actuacións que propicien un maior achegamento do estudantado ás demandas do mercado laboral.
- Favoreceranse as actividades orientadas a completar a formación integral do estudantado e aprobar as normas que regulen o seu progreso e permanencia na universidade.
- Promoveranse as bases da política de bolsas, axudas e créditos para o estudo e a investigación.
- Propoñerase á Xunta de Galicia a creación, a implantación ou a supresión de facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias.
- Fixaranse os prezos das ensinanzas propias, dos cursos de especialización e os referentes ás demais actividades autorizadas pola universidade.
- Realizaranse os estudos sobre a adecuación da oferta de titulacións e dos plans de estudos sobre o rendemento académico do estudantado e sobre a inserción laboral das persoas tituladas.
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 663
secoso@uvigo.gal