Masters registration
This content is currently not available in English
Novo estudantado
O estudantado admitido para iniciar estudos de mestrado na UVigo, deberá facer os trámites de matrícula na seguinte ligazón:
Prazo: calendario de preinscrición e matrícula no curso 2020/2021
Podes consultar as listaxes de admisión a través da túa secretaría virtual ou na seguinte ligazón.
Se accedes por primeira vez a estudos de posgrao, atoparás toda a información que precisas na Guía práctica para estudantes de novo acceso a estudos de posgrao.
Continuación de estudos
Se continuas estudos na Universidade de Vigo, deberás facer os trámites a través da secretaría:
Prazo: do 27 de agosto ao 7 de setembro de 2020
Sobre o proceso de matrícula
Para formalizar a matrícula nun mestrado hai diferentes fases:
- Preinscrición (vía telemática) nos prazos establecidos no calendario
- Matrícula
No caso de quedaren prazas vacantes, abrirase un novo prazo.
Podes consultar a convocatoria de matrícula, no menú da dereita, para ver os diferentes procedementos en detalle.
Tipos de matrícula
Existen diferentes tipos de matrícula. Os detalles de cada unha delas deberás consultalos cada ano na correspondente convocatoria de matrícula, pero xeralmente son:
- Matrícula ordinaria
- A tempo completo
- A tempo parcial
- Estudantado de programas interuniversitarios
- Estudantado estranxeiro de programas de intercambio
- Cota de estudantado con discapacidade
Se es estudante estranxeiro/a, atoparás a información necesaria para acceder aos estudos de posgrao na Universidade de Vigo na Guía para o estudantado estranxeiro (en español).
Documentación e páxinas de consulta asociadas aos procedementos
- Oferta de mestrados da Universidade de Vigo
- Equivalencia de notas medias de estudos universitarios realizados en centros estranxeiros (web do MEFP)
Máis información:
Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende, s/n
+34 986 811 950
posgrao@uvigo.gal