Equality Plan

This content is currently not available in English

Temos un compromiso coa sociedade: somos motor de cambio e modelo de referencia para unha igualdade real entre homes e mulleres

Para cumprir con este compromiso e traballar na mellora continua, creamos o III Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo (2020/2024), o instrumento político para a continuación das políticas de igualdade de xénero, un plan cuadrienal, participativo e dinámico.

Este plan está axustado á realidade, pois aínda que poida parecer ambicioso, é factible e está deseñado para acadar os obxectivos propostos. Así mesmo, é un plan integrador que pretende incidir positivamente en toda a comunidade universtaria, conciliando intereses, creando entornos de relacións máis igualitarios e aspirando tamén á igualdade entre as diferentes expresións de diversidade sexual. 
 
Por suposto, é transversal, xa que as accións propostas alcanzan todos os nosos órganos, estruturas e servizos, así como as persoas que os ocupan ou os dirixen co obxectivo de naturalizar o principio de igualdade de xénero en todas as fases da actividade universitaria para acadar a excelencia.

III Plan de igualdade da Universidade de Vigo

Ao igual ca o primeiro plan e ca o segundo, o III Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo estrutúrase en catro eixes que, á súa vez, conteñen obxectivos estratéxicos e operativos. A partir deses obxectivos concrétanse as doce accións consideradas necesarias para acadalos.

  1. Cultura da igualdade na Universidade de Vigo
  2. Proxección social da Universidade de Vigo con perspectiva de xénero.
  3. Docencia, investigación e transferencia de coñecemento con perspectiva de xénero
  4. Condicións sociolaborais con perspectiva de xénero

III Plan de igualdade (2020-2024)


Informes de seguimento

 

 

 

Máis información:

Unidade de Igualdade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
igualdade@uvigo.gal
+34 986 813 419

Instagram 

III Gender Equality Plan: Follow-up report 2 (2022)855.02 KB III Gender Equality Plan: Follow-up report 1 (2021)259.25 KB III Gender Equality Plan between Men and Women at the Universidade de Vigo 2020-20242.81 MB II Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo 2016-2019 [PDF]830.76 KB Informe de avaliación do I Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo 2012-2014 [PDF]1.35 MB Informe de datos da composición de mulleres e homes da Universidade de Vigo 2009-2014 [PDF]787.37 KB I Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo 2012-2014 [PDF]13.06 MB Informe de diagnose da igualdade na Universidade de Vigo e as súas autoras [PDF]3.34 MB