
Transfer of knowledge
This content is currently not available in English
We put at the service of society all our scientific and technological potential, equipment, facilities and our R&D resources
A Oficina de I+D ten como misión levar a cabo labores de transferencia das capacidades e resultados de I+D+i á contorna socioeconómica, destinados ao persoal docente e investigador (PDI), empresas e outras entidades externas.
Servizos prestados
- Promover e actualizar a oferta das capacidades e resultados de I+D+i e servizos
- Organizar, realizar e participar en representación da Universidade de Vigo nas actividades de difusión e promoción de I+D+i que fomenten a transferencia de oferta de I+D+i e dos resultados
- Orientar ao persoal investigador en contratos e proxectos colaborativos de I+D
- Aconsellar e apoiar ao PDI na protección e valorización de resultados de I+D
- Asesorar e apoiar na explotación dos resultados de I+D, tanto a través de licenzas como de empresas baseadas no coñecemento (EBTs)
- Orientar na elaboración de plans de promoción e explotación dos grupos de investigación que así o soliciten
- Apoiar os acordos que acompañen o labor de transferencia (acordos de confidencialidade, acordos de transferencia de material etc.)
Carta de servizos da Oficina de I+D
Para máis información, podes contactar coa Vicerreitoría de Transferencia
victran@uvigo.es
+34 986 130 257