Vice-chancellorship elections
This content is currently not available in English
O vindeiro 4 de maio de 2022, a comunidade universitaria elixirá o reitor ou reitora mediante a elección directa e o sufraxio universal libre e secreto.
- Convocatoria de eleccións
- Regulamento electoral xeral da Universidade de Vigo
- Procedemento para a elección do reitor/a da Universidade de Vigo e de representantes no Claustro Universitario
- Circunscricións electorais do PDI-B
- Localización das mesas do PAS
- Distribución de electores/as por mesas electorais para as eleccións á Reitoría (aprobada na comisión electoral do 1/4/2022)
- Censos provisionais:
- Censos definitivos:
- Proclamación provisional de candidaturas
- Proclamación definitiva de candidaturas
- Candidatura H2040 encabezada por Manuel Reigosa
Equipo
Liñas programáticas
Web
- Candidatura H2040 encabezada por Manuel Reigosa
- Proclamación definitiva de candidaturas
- Proclamación provisional de resultados
- Proclamación definitiva de resultados
Saber máis
Elixirase a reitora ou o reitor por un período de catro anos e con posibilidade dunha soa reelección consecutiva, entre as catedráticas e os catedráticos de Universidade en activo que presten os seus servizos na Universidade de Vigo.
O voto para a elección de reitor ou reitora ponderarase do seguinte xeito:
- Profesorado doutor con vinculación permanente á universidade: 51 %
- Restante persoal docente e investigador: 9 %
- Estudantes: 25 %
- Persoal de administración e servizos: 15 %
A ponderación farase sobre o total de votos a candidaturas validamente emitidos.
O último proceso electoral ao reitorado concluíu o 23 de abril de 2018, coa elección por parte da comunidade universitaria do novo reitor da Universidade de Vigo.
Máis información:
Secretaría Xeral
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 614
cosecxeral@uvigo.gal