Tutorial Action Plans

This content is currently not available in English

Un plan de acción titorial é un conxunto ordenado de accións previamente planificadas e coa colaboración da comunidade universitaria e que ten por finalidade guiar, orientar e acompañar ao estudantado durante os seus estudos universitarios.

A incorporacón da acción titorial á educación superior é recente. Os factores que propiciaron a súa implantación nas universidades españolas son:

  • A necesidade de adaptación os requisitos do Espazo Europeo de Educación Superior.
  • A implantación dos sistemas de garantía de calidade. 
  • Tomar accións fronte ás novas necesidades da universidade e a heteroxeneidade dos estudantes que acceden a ela.
  • Responder á esixencia social sobre o rendemento e os resultados do sistema universitario.
  • Permitir a detección de necesidade e identificación de puntos febles e puntos fortes en cuestións académicas e docentes.

Unha acción titorial está dirixida a facilitar a integración do estudantado na institución e sirve de ponte entre o alumnado e os diferentes servizos. Ademais, contribúe a personalizar a educación universitaria e da soporte ao alumnado no seu proceso de formación. 

A titoría mellora ademais a docencia universitaria e implica un aumento na calidade dos servizos que se ofrecen, polo que supón un trazo de prestixio para a universidade.

Podes consultar os PAT dos diferentes centros nestas ligazóns:

 

Campus de Ourense

 

Campus de Pontevedra

Campus de Vigo