Undergraduates registration

This content is currently not available in English

Novo estudantado

O estudantado admitido para iniciar estudos de grao na UVigo, deberá acceder á seguinte ligazón para facer os trámites da matrícula:

Acceso á matrícula
 

Continuación de estudos

Se continuas estudos na Universidade de Vigo, deberás facer os trámites a través da secretaría:

Acceso á matrícula

Importante, debes ter en conta

  • Se por algunha circunstancia non podes facer a matrícula virtualmente terás que dirixirte, dentro do teu prazo de matrícula, á secretaría de estudantes da facultade/escola onde vas estudar.
  • No apartado de matrícula titulado EXENCIÓNS debes marcar todos os descontos aos que tes dereito segundo a túa situación. Se no momento da matrícula esqueceches marcalos, deberás dirixirte ao Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos da UVigo que resolverá o teu caso segundo a normativa vixente.
  • Se no momento de facer a matrícula xa tes solicitada a bolsa do Ministerio de Educación ou do País Vasco ou tes intención de solicitala, terás que marcar a opción BOLSEIRO ou BOLSEIRA no apartado de exencións. Isto fará que se che paralice o pago da matrícula ata a resolución da bolsa ou ata que se comprobe que cumpres os requisitos necesarios para solicitala.
  • Rematada a matrícula terás que abonar o importe que che corresponda e entregar, no prazo indicado na convocatoria, unha serie de documentación. Que non pagues ou non entregues esta documentación NON IMPLICARÁ que se che anule a matrícula, senón que dará lugar á suspensión temporal dos dereitos como estudantes e ao arquivo da matrícula (isto non afectará ao réxime de permanencia nin impedirá concorrer ás probas de avaliación). Ademáis suporá o abono dunha penalización.
  • Normativa de permanencia
  • Acreditación de nivel de competencia en lingua inglesa, se lle esixe, a partir do curso 2018/2019, ao alumnado que acceda por primeira vez aos graos de enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática, en Organización Industrial, en Química Industrial, en Enxeñaría en Tecnoloxías Industrias, en Enxeñaría Eléctrica, en Enxeñaría Mecánica e en Enxeñaría Biomédica.
    Se non tes este nivel de competencia cando accedes a titulación, poderás obtelo mentres cursas o grao. A data límite para a súa xustificación será a da presentación da solicitude de defensa do TFG.
  • Táboa de certificados de idiomas recoñecidos pola Asociación de Centros de Linguas no Ensino Superior (Acles)
Certificados recoñecidos por ACLES - Idioma Inglés (PDF)12.53 KB


Tramitación

Lugares para a realización de trámites e de presentación de solicitudes e documentación:

  • Vía telemática (só para solicitar matrícula fóra de prazo e anulación total de matrícula)

    Na secretaría virtual: Para acceder disporase dun NIU. Ao alumnado de novo ingreso xeraráselle automaticamente ao finalizar a matrícula. Podes recuperar os teus datos de acceso na secretaría, na URL https://secretaria.uvigo.gal
    Quen por unha circunstancia excepcional, non poida realizar algún dos trámites indicados na convocatoria pola secretaría virtual, presentará unha instancia dirixida ao reitor ou reitora polos medios relacionados como presenciais na que deberá constar un correo electrónico e un teléfono de contacto. Da mesma forma o alumnado que non poida matricularse ou efectuar modificacións virtualmente, deberá dirixirse, nos períodos correspondentes, á unidade administrativa do seu centro de estudos.
  • Presencial

    Rexistro xeral do campus de Vigo (Xerencia e Servizos Centrais - Campus de Vigo)
    Rexistro Vigo (Edificio anexo Escola de Enxeñaría Industrial. Rúa de Torrecedeira, 86)
    Rexistro auxiliar do campus de Ourense (Edificio Administrativo - As Lagoas)
    Rexistro auxiliar do campus de Pontevedra (Escola Enxeñaría Forestal – A Xunqueira)
    Calquera outro previsto na Lei 39/2015 do 1 de outubro. A entrega de documentación pódese facer, ademais de nos lugares indicados no punto 2, directamente nas unidades administrativas correspondentes para cada caso, recomendando que quede constancia da entrega para evitar posibles reclamacións.

Traslado de expediente

O estudantado que superase a proba de acceso na Universidade de Vigo e desexen iniciar estudos noutra universidade, deberán solicitar traslado de expediente. Premendo na seguinte ligazón accederás á información sobre o procedemento que cómpre seguir:

Estudantes que queren cambiar de grao

  • Para un grao da Universidade de Vigo

O estudantado matriculado nun grao na Universidade de Vigo que desexe trasladarse a outro grao na mesma universidade e que xa foi admitido, no momento de formalizar a matrícula apareceralle unha mensaxe de se desexa realizar o traslado de expediente para poder efectuar devandita matrícula.

  • Para un grao noutras universidades

O estudantado que foi admitido nun grao noutra universidade que non sexa a de Vigo, deberá solicitar o traslado de expediente na unidade administrativa da área de grao do centro no que estaba matriculado. Deberá presentar a carta de admisión e efectuar o pago dos prazos públicos na universidade de orixe.

Máis información:

Servizo de Xestión de Estudos de Grao
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 607 | 986 813 609
soporte.grao@uvigo.es