Administration and staff
This content is currently not available in English
A misión do noso ámbito de xestión é prestarlle apoio técnico e administrativo aos procesos de ensinanza e de investigación, cunha clara orientación cara ao servizo a toda a comunidade universitaria, anticiparse aos retos e responder ás demandas da sociedade, mediante a participación e o compromiso de profesionais cualificados e a axuda dos medios tecnolóxicos máis avanzados, para contribuír así ao cumprimento da misión e dos obxectivos da universidade e ao respecto dos valores institucionais.
Os valores do ámbito de xestión son:
- Orientación ao servizo
- Transparencia
- Coordinación
- Participación
- Eficacia, eficiencia e efectividade
- Calidade
- Proximidade
- Profesionalidade