Collegiate bodies
This content is currently not available in English
Os órganos colexiados son os que exercen o goberno, a representación, o control, a decisión ou a coordinación da Universidade
Nos diferentes órganos colexiados cos que conta a Universidade de Vigo participan os colectivos que integran a comunidade universitaria, como son: o persoal docente e investigador, o persoal de administración e servizos e o alumnado.
Os órganos colexiados da Universidade son
- Claustro Universitario
- Consello de Goberno
- Consello Social
- Xuntas de escola e facultade
- Consellos de departamento e de instituto universitario
- Consellos de campus (Ourense e Pontevedra)
- Xuntas de titulación
- Xuntas, consellos ou outros órganos doutros centros que se puidesen crear
Os órganos colexiados elaborarán e aprobarán a proposta do seu regulamento de réxime interno, onde debe constar como mínimo:
- A normativa de elección dos membros do órgano.
- O réxime de votación e a normativa para a elección e revogación dos cargos unipersoais.
- O réxime de quórum e de maiorías para a toma de acordos.
De acordo co establecido no regulamento do propio órgano, poderán ser invitados ás súas reunións, con voz pero sen voto, todos os membros da comunidade universitaria que estean interesados en asuntos específicos e que poidan resultar afectados por eles. En todo caso, as sesións dos órganos colexiados estarán abertas aos membros da comunidade universitaria no seu ámbito.
Os membros dos órganos colexiados, agás os que o sexan por razón do seu cargo ou por designación,deben ser elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto.