PhDs registration
This content is currently not available in English
Matricularse por primeira vez
Para iniciar estudos por primeira vez nun programa de doutoramento da UVigo, deberás acceder á seguinte ligazón, onde farás os trámites de matrícula:
Prazo: calendario de preinscrición e matrícula no curso 2020/2021
Renovación da matrícula
Se continuas estudos na Universidade de Vigo, deberás a facer os trámites a través da secretaría:
Prazo: do 1 de setembro ao 10 de outubro de 2020
Sobre o proceso de matrícula
Para formalizar a matrícula nun doutoramento hai diferentes fases: a de preinscrición (vía telemática) nos prazos establecidos no calendario e a de matrícula.
Podes consultar a convocatoria de matrícula, no menú da dereita, para ver os diferentes procedementos en detalle.
Tipos de matrícula
Existen diferentes tipos de matrícula. Os detalles de cada unha delas deberás consultalos cada ano na correspondente convocatoria de matrícula, pero xeralmente son:
- Matrícula ordinaria
- A tempo completo
- A tempo parcial
- Estudantado de programas interuniversitarios
- Estudantado estranxeiro de programas de intercambio
- Cota de estudantado con discapacidade
Tamén podes consutar a Guía práctica de acceso a estudos de posgrao para o estudantado estranxeiro (en español)
Actividades formativas
A preinscrición e a matrícula nas actividades formativas realizaranse a través da secretaría virtual do estudantado nos prazos indicados:
Primeiro cuadrimestre: do 12 ao 16 de outubro de 2020
Segundo cuadrimestre: do 1 ao 5 de marzo de 2021
Documentación e páxinas de consulta asociadas aos procedementos
- Consulta os programas de doutoramento que ofrece a Universidade de Vigo
- Equivalencia de notas medias de estudos universitarios realizados en centros estranxeiros (web do MEFP)
- Correspondencia entre títulos universitarios oficiais ('pre-Bolonia') e niveis MECES (web do MEFP)
Máis información:
Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende, s/n
+34 986 811 950
posgrao@uvigo.gal