More services

This content is currently not available in English

IMPORTANTE: Remita ao enderezo indicado o formulario debidamente asinado.

Solicitude de servizos de rede

Solicitude de servizos de correo e listas de distribución

Solicitude de nomes (DNS)

Solicitude de espazos web

Solicitude de servizos de videoconferencia

Solicitude de servizos de telefonía

 

A ATIC, a través da plataforma FaiTIC, ofrece tanto as ferramentas de teledocencia da Universidade de Vigo, como un servizo de apoio na adaptación da docencia presencial á docencia en liña.

Accede a Faitic

 

Servizo de Disco Privado Virtual

O Disco Privado Virtual está destinado ao almacenamento de datos individuais dos usuarios, e a permitir que estes os compartan e envíen a outros usuarios ou a destinatarios externos (estudantado, persoas alleas á universidade, etc.) e a que os reciban destes.

Destinatarios

PDI e PAS da Universidade de Vigo

Características do servizo

  • Compartir os datos con outros usuarios conectados (espazo compartido).
  • Compartir datos mediante enlaces, protexidos ou non por contrasinal, de xeito permanente ou temporal, con usuarios internos ou externos á Universidade de Vigo.
  • Recibir datos de usuarios externos ou internos cos que se teña compartida unha carpeta.
  • Autentificación con usuarios da universidade (@uvigo.es)
    • Usuario e contrasinal
    • Datos de acceso á Secretaría Virtual: NIU, DNI, clave
    • Certificado FNMT
  • Acceso web ou desde dispositivos (iOS, Android, cliente de escritorio, WebDAV).

Limitacións do servizo

  • Espazo en disco asignado por usuario: espazo por defecto 5GB.
  • A responsabilidade dos datos publicados corre por parte do usuario.
  • Copia de seguridade mantida ata 3 meses, garántese unha copia semanal.
  • Non se garanten recuperacións parciais dos datos do usuario, só recuperacións completas a unha data dada.

Máis información

 

Servizo de Carpetas compartidas

Destinatarios

Postos de responsabilidade e PAS dos servizos centrais.

Actualmente só: ficheros.rectorado.uvigo.es (datos de unidades administrativas da reitoría e datos de grupos de investigación no CACTI).

Características

  • Carpetas Compartidas Windows.
  • As carpetas son compartidas por todos os usuarios pertencentes a un grupo ou unidade administrativa.
  • Grupos establecidos nos propios directorios de usuarios.
  • Grupos correspondentes a unidades administrativas: servizo, área, negociado, vicerreitoría.

Limitacións do servizo

 

  • Non está contemplado o uso destas carpetas para fins individuais, só para compartir datos do grupo ou unidade administrativa.
  • Non se procesan ou recollen datos deste almacenamento de xeito automático ou se publican en espazos web automáticamente.
  • Non se contempla en xeral a integración con dispositivos ou aplicacións externas, esto inclúe a conexión con escáneres, impresoras, envío de documentos por correo, etc. En caso de existir tales conexións estas corren por conta do usuario e o funcionamento das mesmas non é responsabilidade do ATIC.
  • Copia de seguridade mantida ata 3 meses, garántese unha copia diaria (incremental).
  • Non válido para o almacenamento de arquivos que requiran un nivel de seguridade alto conforme ao RD 1720/2007.
  • Non se permite, salvo excepcións xustificadas para o uso do servizo, o almacenamento de: vídeos, arquivos de sonido, multimedia.
  • Só se pode prestar o servizo a equipos con direccionamento IP privado (RFC 1918) da rede fixa (non wifi) da Universidade de Vigo.

Aloxamentos web

A Universidade de Vigo dispón de espazos web para que os usuarios ubiquen páxinas persoais, de grupos de investigación, eventos, cursos, etc. Pódese empregar tamén para webs de centros ou departamentos aínda que para este uso recomendamos o portal institucional da Universidade de Vigo, por ser un contorno máis controlado.

Estes espazos asócianse a un usuario (do tipo usuario@uvigo.es). A activación do espazo web asociado compre solicitala a través do portal dos espazos web.

Para acceder a estas páxinas pódese empregar un cliente FTP, SFTP ou WebDAV, indicando o usuario e contrasinal. As contas web concédense sempre asociadas a unha conta de correo (por exemplo, usuario@uvigo.es ten como páxina web http://usuario.webs.uvigo.es e http://webs.uvigo.es/usuario).

As características deste aloxamento web (características, limitacións, condicións de uso, procedemento de solicitude) pódense consultar desde o portal dos espazos web.

Portal dos espazos web

 

Redireccións web

Proporciónase un servizo xenérico de redirección de páxinas web, para facilitar accesos alternativos ou migracións. Este servizo permite redirixir un dominio baixo uvigo.gal ou uvigo.es (do tipo sitioweb.uvigo.es) a unha URL baixo outro dominio, por exemplo https://sitioalternativo.dominio.org/ruta1/paxina.php.

Limitacións do servizo

  • HTTPS non se redirixe: pódese redirixir http://sitio.uvigo.es pero non https://sitio.uvigo.es.
  • A URL de orixe máis a URL de destino, non poden exceder en conxunto de 220 caracteres.
  • Só se aceptan URLs de orixe en uvigo.es / uvigo.gal e dominios DNS administrados polo ATIC.
  • So se admiten, na URL da páxina a redirixir e na URL de destino os caracteres: letras (maiúsculas e minúsculas), números, e os caracteres "." (punto), "-" (guión), "/" (división) e "_" (subraiado).
  • Non distingue maiúsculas de minúsculas (esto en redireccións a páxinas web aloxadas en servidores Windows pode supoñer un problema).

Para solicitala deben solicitar, a saum@uvigo.es:

  • Dominio ou páxina a redirixir (p.ex. http://sitio.uvigo.es)
    Non se presta este servizo para
    • Direccións do tipo usuario.webs.uvigo.es.
    • Rutas dentro do portal web institucional (uvigo.gal/ruta)
  • URL á que se reenvian as peticións (p.ex. https://sitioalternativo.com/ruta/ruta2/paxina.php, ou http://www.sitio.net)

 

O servizo de nomes da Universidade de Vigo permite asociar enderezos IP no rango de enderezos asignados á Universidade de Vigo con nomes de dominio pertencentes ao dominio uvigo.es ou subdominios. O correcto funcionamento do servicio de nomes é fundamental no funcionamento da rede, facéndose necesario seguir unhas regras á hora de asignar nomes para conseguir este fin.

As regras indicadas poden sufrir algunha modificación no caso de que se considere necesario.

 

Configuración do DNS

O ATIC proporciona 2 servidores DNS para que sexan empregados polos usuarios da Universidade de Vigo. Estes só poden ser empregados desde equipos situados na propia rede da Universidade de Vigo.

  • dns.uvigo.es: 193.146.32.86
  • dns2.uvigo.es: 193.146.32.228

Máis información

 

Altas, baixas e modificacións de nomes no DNS

As solicitudes de modificacións no DNS deben enviarse por correo electrónico a solicitudes.dns@uvigo.es

As solicitudes deben enviarse desde unha conta no dominio @uvigo.es (do tipo usuario@uvigo.es).

 

Normas para os nomes DNS

A inclusión dun nome no DNS do dominio uvigo.es está suxeita ás seguintes condicións:

  • Que o enderezo IP correspondente a este nome pertenza ao espazo de enderezos reservado pola Universidade de Vigo.
  • Que o enderezo IP fose asignado a un usuario por parte dos servizos informáticos da Universidade de Vigo e que a persoa de contacto sexa válida para este enderezo IP (sexa a persoa á que se lle asignou a IP ou a persoa encargada da administración da rede á que pertence ese enderezo IP).
  • Os nomes deben ser nomes válidos no servizo de nomes DNS, formados polos díxitos do 0 ao 9, as letras do a ao z e o “-” (guión). O primeiro ou último carácter do nome non pode ser "-". Outros caracteres non son válidos, incluíndo caracteres habituais como “\” ou “_”.
  • Como norma xeral non se crearán nomes con caracteres especiais (punycode). En todo caso non recomendamos o seu uso polos problemas de resolución do nome que se poden chegar a xerar.
  • A lonxitude mínima dos nomes debe ser de 3 caracteres, e a máxima de 24 caracteres (aínda que se recomenda que sexan máis curtos).
  • A universidade resérvase o dereito de incluír ou non un nome no DNS, de xeito que non se concederán nomes que se consideren incorrectos ou ofensivos, solicitándoselle ao usuario que volva efectuar a solicitude de alta no DNS. Isto afecta por igual a nomes ou a alias. En xeral non se aceptarán nomes que correspondan a servizos directamente baixo o dominio "uvigo.es" (www.uvigo.es, mail.uvigo.es, etc.), xa que estes se reservan para os servizos informáticos de investigación.
  • A inclusión de rexistros DNS e de servidores de nomes baixo subdominios de uvigo.es non se fará de xeito xeral, e non se recomenda, dado que compre que os usuarios administren o seu propio servidor DNS, o que rara vez compensa.

 

Na Universidade de Vigo, e xestionadas pola ATIC, existen actualmente salas de videoconferencia localizadas nos distintos campus universitarios.

Estas salas admiten a posibilidade de impartir clases de forma interactiva ao compartir as aplicacións necesarias para isto. Estas salas requiren de computadores nos que o estudantado poida traballar.

A planificación levarase a cabo tras encher o Formulario de solicitude de videoconferencia, co obxectivo de obter unha solución óptima á petición realizada.

Os usuarios/as que fagan uso deste servizo deberán cumprir as normas.

 

Equipamento

Os equipos de teledocencia están constituídos por medios audiovisuais, equipos de codificación e decodificación, encerados electrónicos e un conxunto de computadores para a realización das prácticas por parte do estudantado.

Ademais, a Universidade de Vigo, dispón de tres sistemas integrados móbiles, un en cada campus chamado POLYCOM, que realiza as funcións necesarias para poder establecer unha videoconferencia ou multiconferencia.

 

Videoconferencia tradicional IP/RDSI

Os sistemas de videoconferencia permiten a comunicación interactiva entre persoas situadas en localizacións distintas. Trátase da transmisión de vídeo e voz en tempo real. Deste xeito, as persoas que participan na videoconferencia poden comunicarse como se se atoparan na mesma sala.

Ademais doutras aplicacións, a videoconferencia pódese considerar como unha ferramenta que se pode utilizar no ámbito da educación a distancia.

A teledocencia integra as tecnoloxías da información e da comunicación dentro do campo do ensino, co obxectivo de realizar actividades de carácter educativo. Ao mesmo tempo, existe a posibilidade de compartir aplicacións e explicacións sen a necesidade de ter que restrinxirnos á visualización e audición de persoas situadas en lugares remotos. Deste xeito, intégrase a transmisión de datos, vídeo e voz no mesmo medio, de maneira que se pode obter unha conexión simultánea en tempo real que permita intercambiar información entre persoas distantes xeograficamente.

Salas de videoconferencia

  • Vigo: sala de xuntas dos Servizos Informáticos (biblioteca central), 5 prazas
  • Vigo: sala AG da biblioteca central, 15-20 prazas
  • Ourense: Facultade Dereito – Empresariais, 8-10 prazas
  • Pontevedra: Facultade de Ciencias Sociais, 10-15 prazas

 

Videoconferencia masiva AccessGrid

A Universidade de Vigo habilitou tres salas AccessGrid, unha por cada un dos tres campus que a conforman.

AccessGrid pode empregarse como un sistema de videoconferencia que lles permite aos participantes de múltiples localizacións comunicarse en tempo real a través de internet.

O sistema AccessGrid pode interactuar cun número indeterminado de localizacións, tanto de España, como do resto do mundo. Permite a posibilidade de amosar, de xeito simultáneo, audio e vídeo en vivo, documentos de traballo e imaxes científicas complexas, como as xurdidas de fontes como microscopios electrónicos ou satélites.

Esta tecnoloxía permítelle ao grupo de participantes a posibilidade de que se escoiten e se vexan uns aos outros, ao tempo que comparten documentación de traballo, en tempo real e sen atrasos. Isto proporciona a oportunidade de traballar en conxunto sen os inconvenientes de ter que desprazarse a outros lugares do país ou do mundo para asistir a esas reunións.

Características

  • Posibilita a realización de reunións/presentacións no contorno dunha mesma sala.
  • Posibilita a colaboración con outros grupos de persoas, tanto en España como noutros lugares do mundo que dispoñan dunha sala con esta tecnoloxía.
  • Ten a capacidade de permitir empregar outras tecnoloxías nas reunións, como por exemplo presentacións de diapositivas en PowerPoint.
  • Proporciona un ambiente en que os micrófonos non precisan ser presionados, de xeito que se crea a "sensación" de estar reunidos nunha mesma sala "virtual".
  • Permite a visualización dun escritorio de traballo cunha superficie de 3072 x 768 píxeles.

Salas de videoconferencia

  • Vigo: sala AG da biblioteca central, 15-20 prazas
  • Ourense: sala de audiovisuais da biblioteca central (2.º andar), 25-30 prazas
  • Pontevedra: sala AG da Facultade de Ciencias Sociais (seminario 5, 1.º andar), 10-15 prazas

 

Guia de uso Accessgrid

 

UVigo-TV

Uvigo-TV é un servizo de televisión por internet prestado pola Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (ATIC) da Universidade de Vigo.

Agrupa todos os servizos de transmisión de vídeo sobre internet da Universidade de Vigo, e pon á disposición dos usuarios/as da universidade contidos audiovisuais de carácter educativo e institucional, conforme ao sistema de vídeo baixo demanda ou en transmisións en directo.

Uvigo-TV, como televisión corporativa sobre internet, permite a transmisión en directo de eventos a toda a rede da Universidade de Vigo ou a toda internet, segundo se desexe.

A súa recepción faise a través do computador persoal coa mesma facilidade que a visión dunha páxina web. Así mesmo, este sistema permite gravar eses eventos e telos dispoñibles baixo demanda a través da videoteca de Uvigo-TV.

 

Servizos

Existen múltiples aplicacións multimedia da videoconferencia, pero as que realmente teñen importancia no eido do ensino son as seguintes:

  • Teleformación
    • Reunións estudantado-profesorado coa finalidade de poder cubrir horas de titorías.
    • Intercambio de información de forma bidireccional ou multidireccional entre usuarios/as remotos.
    • Clases impartidas por un ou máis educadores/as a un ou máis grupos de estudantes.
    • Colaboración entre estudantado a distancia.
  • Teletraballo
    • A resolución de proxectos orientados á docencia ou á investigación poderase realizar a través de reunións entre os seus integrantes.
  • Comunicación remota con expertos
    • A posibilidade de reunirse con persoas expertas nunha materia determinada sen a necesidade dun desprazamento innecesario.