Registration

This content is currently not available in English

Como matricularme?

A matrícula é o trámite necesario para adquirir a condición de estudante na Universidade de Vigo. Nesta sección atoparás a información e os procedementos necesarios para formalizar a túa matrícula con nós.

A matrícula formalizarase online nos prazos establecidos nas convocatorias correspondentes. Na UVigo non existe o trámite de reserva de praza polo que a matrícula quedará formalizada dende o momento no que se complete o proceso e se xere a folla de liquidación, independentemente de que se entregue ou non a documentación e de que os prezos públicos estean ou non aboados.

Cada ano publícase a convocatoria de matrícula para os ensinos de estudos de grao, mestrado e doutoramento e nelas se establecen unha serie de normas, como prazos, documentación a presentar, modificacións da mesma...

 

Matrícula en estudos de grao

Novo estudantado

Unha vez que estás admitida ou admitido para iniciar estudos nunha titulación da UVigo, deberás acceder á seguinte ligazón, onde farás os trámites de matrícula:

Acceso á matricula

Convocatoria matrícula grao 2020/2021

Deberás estar pendente da publicación das listas de admisión na aplicación informática Nerta (https://www.edu.xunta.es/nerta/). La matrícula se formalizará cuando corresponda según los plazos establecidos para este curso académico que son:

  • Os establecidos pola Ciug na súa web
  • Haberá chamamentos pola lista de agarda segundo as vacantes que se produzan
  • Poderase establecer no mes de outubro un prazo extraordinario


Continuación de estudos

Se continuas estudos na Universidade de Vigo, deberás a facer os trámites accedendo á secretaría:

Acceso á matricula

Convocatoria matrícula grado 2020/2021

 

Matrícula en estudos de máster

Novo estudantado

Unha vez que estás admitida ou admitido para iniciar estudos nunha titulación da UVigo, deberás acceder á seguinte ligazón, onde farás os trámites de matrícula:

Acceso á matricula

Prazos: calendario de preinscrición e matrícula

Continuación de estudos

Se continuas estudos na Universidade de Vigo, deberás facer os trámites accedendo á secretaría:

Acceso á matricula

Prazo: do 27 de agosto ao 5 de setembro de 2019

Convocatoria matrícula posgrao 2019/2020

 

Matrícula en estudos de doutoramento

Novo estudantado

Para iniciar estudos por primeira vez nunha titulación da UVigo, deberás acceder á seguinte ligazón, onde farás os trámites de matrícula:

Acceso á matricula

Prazos: calendario de preinscrición e matrícula

Continuación de estudos

Se continuas estudos na Universidade de Vigo, deberás a facer os trámites accedendo á secretaría:

Acceso á matricula

Prazo: do 1 de setembro ao 10 de outubro de 2019

Convocatoria matrícula posgrao 2019/2020

 

Estas matrículas teñen un prezo, que podes consultar na correspondente sección de prezos, tamén neste apartado.

 

Máis información:

Servizo de Xestión de Estudos de Grao
+34 986 813 607 | 986 813 609
maito:soporte.grao@uvigo.es