A proxección 'The Rocky Horror Picture Show' inaugura o ciclo 'Cine e Lingua'
Data de celebración:
31 of October of 2018 at 20:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
rúa Palma, 4
36202 Vigo
Spain
Tipo de evento
CineEntrada:
De balde No reservation required.Modalidade
PresencialO filme, do ano 1975, está protagonizado por Susan Sarandon
Arranca o 9º ciclo de cinema en versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán da Universidade de Vigo coa proxección de The Rocky Horror Picture Show, filme do ano 1975 dirixido por Jim Sharam e protagonizado por Tim Curry, Susan Sarandon e Barry Bostwick. Cun argumento moi clásico, a película conta a historia dos namorados Brad e Janet a partir do momento no que descobren a mansión misteriosa do Doctor Frank-N-Furter, un científico travestí.
A entrada é libre ata completar o aforamento do auditorio do edificio Cambón.
As proxeccións en inglés continuarán durante o mes de novembro e decembro dentro da programación cultural da Universidade de Vigo.