Oferta de emprego do ITMATI
Xestor/a de Transferencia de Tecnoloxía e de Innovación
Referencia da oferta
ITMATI-OT-11/2019.
Descrición do posto
Un contrato por obra e servizo coma xestor/a de Transferencia de Tecnoloxía e de Innovación para a Unidade de Transferencia da Ciencia e da Tecnoloxía Matemática á Industria de ITMATI.
Perfís das candidaturas
Licenciados/as, enxeñeiros/as, graduados/as ou mestrados/as no ámbito das ciencias experimentais ou da enxeñaría. As persoas candidatas non deben ter experiencia laboral previa no grupo de cotización 01 para o que se convoca a praza.
Ofrécese
- Retribución bruta mensual: 1584,00 € -1666,00 € en 12 pagas, en función dos méritos e a experiencia da persoa seleccionada.
- Data de inicio: incorporación prevista para a segunda quincena de setembro de 2019.
- Data estimada de fin de obra: dous anos dende o inicio da actividade
- Xornada laboral a tempo completo.
- Localidade de traballo: Santiago de Compostela
Envío de solicitudes
As persoas interesadas neste contrato deberán enviar as solicitudes antes do 6 de setembro de 2019 ás 23.59 horas.
Máis información aquí.