Vice-Rector for Wellness, Equity and Diversity
This content is currently not available in English

María Isabel Doval Ruiz, vicerreitora
Profesora titular de universidade, foi subdirectora xeral de Universidades da Xunta de Galicia durante o goberno de Emilio Pérez Touriño, membro do Comité Técnico da ACSUG e vogal do CONGACODE. Participou como membro da mesa do Claustro da Universidade de Vigo e do Consello de Campus de Ourense e foi directora e secretaria do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación.
Imparte materias relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas á educación nos graos de Educación Infantil e de Educación Social da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense e imparte clases no Mestrado de formación do profesorado. Participa como avaliadora de proxectos europeos e foi vicepresidenta no programa H2020. Ten experiencia na organización de feiras interuniversitarias, congresos internacionais sobre TIC e ensino e sobre practicum e prácticas na universidade e na empresa.
Dirixiu varios seminarios e accións formativas sobre igualdade de xénero e inclusión educativa e social. Participou en cinco proxectos nacionais de investigación e noutros tantos europeos e foi profesora visitante en varias universidades europeas, de Kirguistán e en Marrocos. Nos últimos anos está interesada especialmente no estudo e divulgación de métodos e enfoques da investigación participativa.
Actualmente participa nun proxecto Jean Monnet sobre deseño de programas e recursos educativos sobre cultura europea e en dous proxectos (Erasmus+ Capacity Building e Twinning) para a modernización das universidades de Marrocos no seu achegamento ao EEES.
Competencias
- As relativas á responsabilidade social, servizos sociais e participación.
- A proposta e o desenvolvemento de plans para a integración total das persoas con necesidades educativas específicas na Universidade de Vigo.
- A promoción, estímulo e dirección da xestión de actividades de acción solidaria, voluntariado e cooperación no ámbito universitario.
- A definición e a execución da política de acción social.
- As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
Organización
Área de Equidade e Diversidade
- Organizar as tarefas derivadas das iniciativas sobre a equidade e a diversidade na Universidade de Vigo.
- Supervisar e controlar as actividades derivadas do plan de responsabilidade social, servizos sociais, acción social e participación.
- Realizar o seguimento do plan PIUNE e desenvolver aqueloutros plans para a integración total das persoas con diversidade funcional.
- Asesorar e promover actividades de acción solidaria, voluntariado e cooperación no ámbito universitario.
- Asesorar nas convocatorias de bolsas, axudas e premios nos ámbitos competenciais anteriores.
Henar Quintas Salgado
Directora da Área de Equidade e Diversidade
+34 986 130 261
direc.equidade@uvigo.gal
Secretaría
Javier Míguez Novas
Secretaría
+34 986 130 302
vic.benestar@uvigo.gal
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 302
vic.benestar@uvigo.gal