O teatro, protagonista da vida cultural

Yllana pon a música e La Máscara o mimo

Tags
  • Vigo
  • Cultura
Mª del Carmen Echevarría DUVI 19/11/2007
"Un divertido desconcerto que repasa algúns dos momentos cumio da música clásica, xunto con fragmentos musicais cargados de referencias cinematográficas". Así é Pagagnini, a última montaxe do grupo Yllana que este mércores se presentará no Teatro Cidade Universitaria, dentro da programación organizada pola vicerreitoría de Extensión Cultural. Ao día seguinte, xoves 22, o protagonismo será para o teatro de rúa coa compañía arxentina La Máscara que representará no Centro Comercial o seu espectáculo Marcelopuntomine.

Yllana pon a música e La Máscara o mimo

O grupo madrileño Yllana leva desde 1991 facendo humor sen palabras e creando mundos surrealistas onde todo pode suceder. Nesta ocasión presentarán no Teatro de Cidade Universitaria a súa última montaxe, Pagagnini, que o grupo define como "un divertido desconcerto que repasa algúns dos momentos cumio da música clásica, xunto con fragmentos musicais cargados de referencias cinematográficas".
Pola súa banda e dentro da programación de teatro de rúa, a compañía de mimo clown La Máscara, chegará o xoves 22 ao Centro Comercial para representar Marcelopuntomine, un cóctel de diversión e acción, cun ritmo soprendente onde os personaxes buscan sempre a reacción do público. Marcelo Gónzalez, alma de La Máscara ,está considerado un dos mellores mimos da Arxentina onde comezou a súa carreira hai 25 anos.