No SING9, 9th Spain-Italy-Netherlands Meeting on Game Theory, presentaranse 125 traballos
160 expertos de 25 países debaten en Vigo sobre a teoría de xogos
Este sistema emprégase por exemplo en política de prezos, toma de decisións e mesmo en bioloxía
A teoría de xogos estuda as situacións onde interveñen dous ou máis axentes e onde o resultado final depende do que faga cada un deles. Esta é unha teoría que se emprega en disciplinas como a bioloxía, as ciencias políticas ou a economía. Sobre a súa vertente económica debaten en Vigo dende este luns e ata o mércores 160 expertos de 25 países que se dan cita no 9th Spain-Italy-Netherlands Meeting on Game Theory (SING9), organizado por profesores do grupos grupos da Universidade de Vigo Research Group in Economic Analysis (RGEA) e Statistical Inference, Decision & Operations Research (SiDOR).
Á fronte da organización está o docente Gustavo Bergantiños, que xunto co alcalde da cidade, Abel Caballero e a vicerreitora de Investigación, Asunción Longo, foron os encargados de abrir o congreso e dar paso á conferencia inaugural, impartida por William Thomson, profesor da universidade estadounidense de Rochester.
O impacto e utilidade desta teoría viuse recoñecido o pasado 2012 coa concesión do Premio Nobel de Economía a dous expertos neste eido, Alvin Roth e Lloyd Shapley, por estudar problemas como por exemplo, “como se asignan alumnos a colexios ou facultades ou como se asignan órganos para transplantes”, apunta Bergantiños. Outro coñecido estudoso deste campo é John Forbes Nash, Premio Nobel en 1994 en cuxa figura se inspira a película Unha mente marabillosa. No equilibrio de Nash baséanse moitas conclusións que se teñen acadado sobre a teoría de xogos aplicada á vida real.
Á fronte da organización está o docente Gustavo Bergantiños, que xunto co alcalde da cidade, Abel Caballero e a vicerreitora de Investigación, Asunción Longo, foron os encargados de abrir o congreso e dar paso á conferencia inaugural, impartida por William Thomson, profesor da universidade estadounidense de Rochester.
Máis aló da economía
Este simposio celébrase cada ano e nesta ocasión a organización recaeu nos dous grupos da Universidade de Vigo. Ao longo destes tres días presentaranse 125 traballos sobre a teoría de xogos, que estuda as decisións nas que, para que un individuo teña éxito, ten que ter en conta as decisións tomadas polo resto de axentes que interveñen en dita situación. Como estudo matemático, a teoría de xogos emprégase máis aló da economía, por exemplo en ramas como a xestión de empresas, a estratexia, a psicoloxía, a bioloxía e mesmo no póker. O profesor Gustavo Bergantiños explica a modo de exemplo que “cando unha empresa vende o mesmo produto o resultado final depende da política de prezos da compañía, pero tamén da política de prezos das demais”.O impacto e utilidade desta teoría viuse recoñecido o pasado 2012 coa concesión do Premio Nobel de Economía a dous expertos neste eido, Alvin Roth e Lloyd Shapley, por estudar problemas como por exemplo, “como se asignan alumnos a colexios ou facultades ou como se asignan órganos para transplantes”, apunta Bergantiños. Outro coñecido estudoso deste campo é John Forbes Nash, Premio Nobel en 1994 en cuxa figura se inspira a película Unha mente marabillosa. No equilibrio de Nash baséanse moitas conclusións que se teñen acadado sobre a teoría de xogos aplicada á vida real.