Eures
This content is currently not available in English
Eures (Servizo de Emprego Europeo) é unha rede de cooperación entre a Comisión Europea e os servizos públicos de emprego dos Estados membros que ten a función de facilitar información sobre oportunidades de emprego e condicións de vida e traballo no Espazo Económico Europeo.
Dentro da rede Eures enmárcase o Servizo Eures Transfronteirizo, que ten como obxectivo dar resposta ás necesidades de información ligadas á mobilidade fronteiriza de traballadores e empresarios.
Existen en toda Europa vinte Eures Transfronteirizos, un dos cales recibe o nome de Galicia-Norte Portugal por actuar precisamente nesta rexión fronteiriza.
Buscas emprego?
Na seguinte páxina atoparás a información relacionada coas ofertas de emprego, procesos de selección e información en Galicia, Norte de Portugal.
Para coñecer as ofertas e as convocatorias vixentes, podes premer na seguinte imaxe e seleccionar o lugar que máis che interese:
Máis información:
Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 036
consultas.eurestransfonterizo@uvigo.es
Son organismos socios de Eures-T Galicia-Norte de Portugal:
- Instituto do Emprego e Formaçao Profissional
- Servicio Público de Empleo Estatal
- Xuntal de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar
- Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal
- Confederación de Empresarios de Galicia
- Associaçao Industrial do Minho
- Associaçao Empresarial do Alto Tamega
- Associaçao Empresarial de Viana do Castelo
- Uniâo Empresarial do Vale do Minho
- Universidade de Vigo
- Universidade do Minho
- Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal
- Fegamp
- Associaçao de Municipios do Alto Minho
Convocatorias
Eures (Servizo de Emprego Europeo) é unha rede de cooperación entre a Comisión Europea e os servizos públicos de emprego dos Estados membros que ten a función de facilitar información sobre oportunidades de emprego e condicións de vida e traballo no Espazo Económico Europeo.
Dentro da rede Eures enmárcase o Servizo Eures Transfronteirizo, que ten como obxectivo dar resposta ás necesidades de información ligadas á mobilidade fronteiriza de traballadores e empresarios.
Existen en toda Europa vinte Eures Transfronteirizos, un dos cales recibe o nome de Galicia-Norte Portugal por actuar precisamente nesta rexión fronteiriza.
Son organismos socios de Eures-T Galicia-Norte de Portugal:
- Instituto do Emprego e Formaçao Profissional
- Servicio Público de Empleo Estatal
- Xuntal de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar
- Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal
- Confederación de Empresarios de Galicia
- Associaçao Industrial do Minho
- Associaçao Empresarial do Alto Tamega
- Associaçao Empresarial de Viana do Castelo
- Uniâo Empresarial do Vale do Minho
- Universidade de Vigo
- Universidade do Minho
- Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal
- Fegamp
- Associaçao de Municipios do Alto Minho
Convocatorias
Mobilidade transfronteiriza 2018
2018: Convocatoria de 10 bolsas de axuda á mobilidade transfronteiriza para o alumnado da Universidade de Vigo no marco do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal
Convocatoria da Unidade de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo dentro do plan de actividades 2018 da Universidade de Vigo no marco do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal co obxectivo de fomentar a mobilidade transfronteiriza dos seus estudantes e ofrecerlles formación en interculturalidade.
Unha axuda económica de 400€ ao mes durante os meses de xullo e agosto para a realización de prácticas académicas externas extracurriculares en empresas e entidades ubicadas no norte de Portugal que solicitaran a súa adhesión ao programa.
Un obradoiro sobre interculturalidade de 12 horas de duración a desenvolver entre 27 e o 29 de xuño.
Documentación
Convocatoria de empresas 2017
Convocatoria da Universidade de Vigo para a adhesión de empresas e entidades con sede en Portugal ao programa de prácticas externas no marco de Eures-T Galicia-Norte de Portugal:
Convocatoria (Resolución):
Prazo de solicitude: ata o 20 de maio de 2017