Convocatoria de bolsas do Instituto Xeográfico Nacional
O Instituto Xeográfico Nacional convoca un programa de 16 bolsas de axudas para a formación e a investigación nos campos da astronomía, a xeodesia, a xeofísica, a cartografía e a xeomática, respondendo á necesidade de dar cobertura aos requirimentos de especialización en ciencias da terra e no universo.
Requisitos
Título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou enxeñaría técnica, neste último caso soamente se despois se obtivo o título universitario oficial de mestrado, nos catro anos inmediatamente anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Características das bolsas
- O importe mensual de cada bolsa será de 1010 euros.
- A duración das bolsas será de 12 meses, prorrogable por períodos de 12 meses, ata un máximo de 36 meses adicionais. A concesión de prórrogas, en calquera caso, estará supeditada ás dispoñibilidades orzamentarias.
- A data de inicio das bolsas será o 1 de novembro de 2021 ou a que se determine na resolución de adxudicación, no caso de ser posterior.
Información e solicitudes
Prazo de presentación de candidaturas: ata o 5 de agosto de 2021.
Máis información aquí.