Acto de graduación da Escola de Enxeñería Industrial
Data de celebración:
29 of May of 2019 at 18:00Dirixido a
Estudantes , PAS and PDIOrganiza
Escola de Enxeñería IndustrialLugar
Av. da Beiramar, 59
36202 Vigo
Spain
Tipo de evento
Alumnado and GraduaciónEntrada:
De balde Reservation required.Modalidade
PresencialNo Auditorio Mar de Vigo
Asisten: Abel Caballero, alcalde de Vigo; José Luis Miguez, vicerrector de Planificación e Sostenibilidade; Consuelo Pérez, vicerrectora de Transferencia; Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social e Juan Pardo, director da Escola de Enxeñería Industrial
Acto de graduación do alumnado de todas as titulacións, tanto de grao como de mestrado, da Escola de Enxeñería Industrial. Graduaranse un total de 318 estudantes, dos que 250 son das titulacións de grao e os 68 restantes dos distintos mestrados que se imparten na escola.
Este ano a EEI gradúa a 4ª promoción de alumnas e alumnos que finalizan os seus estudos no marco do Máster en Enxeñería Industrial, ademais da 6ª promoción de estudantes que cursaron algún dos distintos graos. Tamén se gradúa unha nova promoción do Máster en Enxeñería de Organización, así como dos estudos de máster de carácter profesionalizante ofertados polo centro.