Acto de graduación da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Data de celebración:
24 of June of 2022 at 16:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Facultade de Ciencias da Educacion e do DeporteLugar
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n
36005 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
GraduaciónEntrada:
De baldeModalidade
PresencialNo Pazo da Cultura
Asisten: Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais; Óscar García, decano da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte; Gregorio Agís, deputado provincial; Henrique Xoán Rodríguez, presidente do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte (Colef) de Galicia, e Pablo Arias, vicedecano da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña
A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte celebra no Pazo da Cultura, en tres actos independentes, a graduación das décimas promocións dos tres graos que se imparten no centro. O evento arranca ás 16.00 horas coa graduación de 90 novos titulados e tituladas en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, que teñen como madriña á profesora Marián Fernández Villarino e como padriño ao docente Alexis Padrón. Ás 17.30 despídese a 80 graduados e graduadas en Educación Primaria e, finalmente, ás 19.00 horas ten lugar o acto do Grao en Educación Infantil, no que 70 novos titulados e tituladas teñen como padriño a profesor Rubén Dominguez.
Os actos contan coa actuación da Aula Permanente de Música Tradicional Galega do campus de Pontevedra.