Exposición na Sala Alterarte 'Vertebrar a paisaxe'
Data de celebración:
14 of September of 2022 at 10:00 9 of November of 2022 at 10:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de OurenseLugar
Campus de Ourense - Pabellon 1
32004 Ourense
Spain
Tipo de evento
ExposiciónEntrada:
De balde. No reservation required.Modalidade
PresencialNa Sala Alterarte, no pavillón I do campus
O espazo expositivo de arte contemporánea do campus de Ourense, a Sala Alterarte, arranca a súa programación do curso 2022/2023 coa mostra Vertebrar a paisaxe, da artista Basilisa Fiestras e comisariada por Sara Donoso, ambas profesoras da Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra. A exposición dá continuidade ao proxecto expositivo Activar a mirada, des-ordenar o pensamento, que durante o pasado curso académico se desenvolveu baixo a dirección de Sara Donoso na Sala Alterarte e no que participan mulleres artistas que teñen en común ofrecer no seu traballo unha ollada crítica sobre o mundo.