XXIII Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos
Data de celebración:
5 of March of 2020From 10:00 to 18:30
Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Área de Benestar and Saúde e DeporteLugar
Campus Universitario A Xunqueira
36002 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
Competición and DeporteEntrada:
de balde No reservation required.Modalidade
PresencialEn diferentes instalacións deportivas da cidade
A Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo organiza, no campus de Pontevedra, o XXIII Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos, no que competirán 35 equipos masculinos e femininos das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña. A competición, clasificatoria para o Campionato de España Universitario de Deportes Colectivos, desenvolverase a partir das 10.00 horas en diferentes instalacións deportivas da cidade.
Concretamente, a competición de baloncesto terá lugar no Pavillón Universitario, mentres que os partidos de balonmán desenvolveranse no Pavillón Municipal de Deportes e os de fútbol nos campos de A Xunqueira. O Pavillón Multiusos da Xunqueira acollerá por outra banda os partidos de fútbol sala e voleibol, mentres que a competición de rugbi 7 terá lugar en Monteporreiro.
O torneo pecharase ás 18.00 horas coa entrega de trofeos nas diferentes instalacións.
Máis información