Encontro da Aneca sobre sobre os criterios de avaliación que se aplicarán na actual convocatoria de sexenios de investigación 2020
A Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) convoca un encontro en liña o 14 de xaneiro de 2021 sobre os criterios de avaliación que se aplicarán na actual convocatoria de sexenios de investigación 2020.
A sesión desenvolverase en directo a través de YouTube e de Twitter e enmárcase nas #ConversacionesConANECA, un novo espazo de comunicación posto en marcha pola axencia para reforzar a interacción con todas as personas que se dedican á docencia universitaria e á investigación.
O profesorado e o persoal investigador poderán seguir a sesión e facer as súas preguntas a través de Twitter e de YouTube sen necesidade de rexistro previo.
Neste encontro participarán persoas expertas da axencia e de todos os comités de avaliación.
- Mercedes Siles Molina, directora da ANECA
- Javier Llorens, coordinador de sexenios da ANECA
- Ana Hidalgo, xefa da Unidade de avaliación de sexenios de investigación da ANECA
Programa
Sesión 1 | |
9.00 - 10.00 h | Comité 2. Química Comité 3. Bioloxía celular e molecular Comité 4. Ciencias biomédicas Comité 5. Ciencias da natureza |
10.00 - 11.00 h | Quenda de preguntas a través de Twitter e de YouTube |
Sesión 2 | |
12.00 - 13.00 h | Comité 1. Matemáticas e física Comité 6.1. Tecnoloxías mecánicas e da produción Comité 6.2. Enxeñarías da comunicación, computación e electrónica Comité 6.3. Arquitectura, enxeñaría civil, construción e urbanismos |
13.00 - 14.00 h | Quenda de preguntas a través de Twitter e de YouTube |
Sesión 3 | |
16.00 - 17.00 h | Comité 7.1. Ciencias sociais, políticas, do comportamento e estudos de xénero Comité 7.2. Ciencias da educación Comité 8. Ciencias económicas e empresariais |
17.00 - 18.00 h | Quenda de preguntas a través de Twitter e de YouTube |
Sesión 4 | |
19.00 - 20.00 h | Comité 9. Dereito e xurisprudencia Comité 10. Historia, xeografía e artes Comité 11. Filosofía, filoloxía e lingüística |
20.00 - 21.00 h | Quenda de preguntas a través de Twitter e de YouTube |
Máis información:
ANECA
+34 914 178 231
www.aneca.es