Campus Camp
Durante as vacacións de verán as cativas e cativos poderán gozar co programa Campus Camp
Para favorecer a conciliación da vida familiar e profesional dos membros da comunidade universitaria en época de vacacións escolares ao tempo que se achega a universidade aos máis pequenos, a Universidade de Vigo ofrece a actividade do “Campus Camp” para os 3 campus (Ourense, Pontevedra e Vigo).
Esta actividade está dirixida aos fillos e fillas dos membros da comunidade universitaria con idades comprendidas entre o 3 e os 14 anos durante os períodos non lectivos dos meses de xuño, xullo e setembro.
Obxectivos
- Relacionarse con nenos e nenas de idades similares, facilitándolle alternativas de ocio que posibiliten a convivencia e o desenvolvemento das relacións interpersoais.
- Aproveitar as particularidades da situación do campus para realizar actividades ao aire libre.
- Fomentar o coñecemento por parte dos menores do entorno universitario a través de actividades lúdico-formativas.
- Fomentar as actividades en grupo, mediante a colaboración e o traballo cooperativo.
- Iniciarse ou afondar na adquisición de habilidades específicas de diferentes deportes a través do xogo.
- Unificar as posibilidades que ofrece a universidade para conciliar a vida familiar e laboral en época de vacacións escolares.
- Crear un ambiente de distensión provocando a risa e a diversión.
Quendas
- Xuño, xullo e setembro: do 24 de xuño até o comezo do curso de educación primaria (agás agosto)
- Xuño: do 24 ao 28
- Xullo: do 1 ao 31
- 1ª quincena de xullo: do 1 ao 15
- 2ª quincena de xullo: do 16 ao 31
- Setembro: do 2 até o comenzo do curso de educación primaria
- Días soltos: todos os días hábiles das quendas
Documentación
Manual para usuarios e usuarias582.37 KB Información para nais e pais e datos de contacto 2019122.76 KB Proposta semanal de merenda - Campus camp 201973.45 KB Detalle das actividades Campus Camp 2019471.37 KB Programación de actividades (de 24 a 28 de xuño de 2019) - Campus de Vigo105.49 KB Programación de actividades xullo 2019 - Campus de Vigo178.12 KB Programación de actividades (de 24 a 28 de xuño de 2019) - Campus de Ourense108.84 KB Programación de actividades. Xullo 2019 - Campus de Ourense158.44 KB Programación de actividades setembro 2019 - Campus de Vigo122.65 KB Programación de actividades setembro 2019 - Campus de Ourense132.49 KBPara máis información, podes contactar con:
Campus de Vigo
Sección de Extensión Universitaria
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal
Campus de Ourense
Área de Servizos á Comunidade
+34 988 387 102
+34 988 387 089
asc-ou@uvigo.gal