Talleres no Día Europeo da Reanimación Cardio Pulmonar
Data de celebración:
16 of October of 2018 at 11:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS and PDIOrganiza
Universidade de VigoLugar
Rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
Spain
Tipo de evento
CursoEntrada:
De balde Reservation required.Modalidade
PresencialNa sala de xuntas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Co gallo do Día Europeo da Reanimación Cardio Pulmonar (RCP) a Universidade de Vigo, en colaboración co Sergas, acolle tres obradoiros, nos que poderán participar todos os membros da comunidade universitaria que o desexen, ata completar un máximo de 108 prazas, 36 por cada un dos tres centros nos que se celebran.
Os obradoiros, impartidos por persoal sanitario, inclúen unha formación teórica e a realización de prácticas e desenvolveranse entre as 10.00 e as 12.30 horas na sala de xuntas da EE de Telecomunicación; na aula de graos da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e no salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais. A divulgación das técnicas de soporte vital básico, o recoñecemento dunha parada cardiorrespiratoria, a aprendizaxe da masaxe cardíaca ou as respiracións de rescate, son algunhas das cuestións que se abordarán nos obradoiros.