Celebración do Día de Rosalía 2019
Data de celebración:
25 of February of 2019 at 12:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS and PDIOrganiza
Vicerreitoría do campus de Ourense and Profesorado de Ciencias da EducaciónLugar
Biblioteca Central
32004 Ourense
Spain
Tipo de evento
Actuacións , Ao ar libre and LecturasEntrada:
De balde. No reservation required.Modalidade
PresencialA actividade arrancará na biblioteca do campus
Un ano máis o campus de Ourense únese á celebración do Día de Rosalía. A programación partirá da Biblioteca Rosalía de Castro do campus. Nel, ademais de habilitar unha mostra bibliográfica sobre a escritora galega, a homenaxe iniciarase ás 12.00 h cunha mascarada poética na que alumnado, profesorado e outros membros da comunidade universitaria percorrerán os diferentes edificios do campus con máscaras de Rosalía feitas para a ocasión. Ás 13.00 h no espazo entre o edificio Politécnico e o Edificio de Ferro, darase lectura ao manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co gallo do Día de Rosalía, celebrarase a entrega dos premios dun concurso de máscaras organizado con motivo desta celebración e haberá unha lectura colectiva de versos e unha interpretación musicada de varios poemas por parte de alumnado.
Máis información
Nova no Duvi sobre a programación