Celebración do Día de Rosalía 2019

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

25 de febreiro de 2019 ás 12:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Vicerreitoría do campus de Ourense e Profesorado de Ciencias da Educación

Lugar

Biblioteca Rosalía de Castro

Biblioteca Central
32004 Ourense
España

Tipo de evento

Actuacións , Ao ar libre e Lecturas

Entrada:

De balde. Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

A actividade arrancará na biblioteca do campus

Un ano máis o campus de Ourense únese á celebración do Día de Rosalía. A programación partirá da Biblioteca Rosalía de Castro do campus. Nel, ademais de habilitar unha mostra bibliográfica sobre a escritora galega, a homenaxe iniciarase ás 12.00 h cunha mascarada poética na que alumnado, profesorado e outros membros da comunidade universitaria percorrerán os diferentes edificios do campus con máscaras de Rosalía feitas para a ocasión. Ás 13.00 h no espazo entre o edificio Politécnico e o Edificio de Ferro, darase lectura ao manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co gallo do Día de Rosalía, celebrarase a entrega dos premios dun concurso de máscaras organizado con motivo desta celebración e haberá unha lectura colectiva de versos e unha interpretación musicada de varios poemas por parte de alumnado.

Máis información

https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/mascarada-celebrar-dia-rosalia

Anótao en:

Add to Calendar 2019-02-25 12:00:00 2019-02-25 12:00:00 Celebración do Día de Rosalía 2019 A actividade arrancará na biblioteca do campus Biblioteca Rosalía de Castro Vicerreitoría do campus de Ourense Profesorado de Ciencias da Educación Europe/Madrid public

Documentación

Cartaz334.28 KB