MEET-UVigo

This content is currently not available in English

O MEET-UVigo consiste en que alumnado dos últimos anos de grao exerza de mentor de alumnado de primeiro curso. Para poder desenvolver este labor os e as estudantes mentores reciben unha formación intensiva en competencias transversais. Neste momento están participando sete titulacións:

  • Tecnoloxías da Telecomunicación
  • Linguas Estranxeiras
  • Recursos Mineiros e Enerxéticos
  • Enerxía
  • Química
  • Economía
  • Ciencias do Mar


O MEET-UVigo ten o seu xérmolo no MEET-Teleco desenvolvido na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Os mentores e mentoras eran formados previamente por un equipo de adestradores profesionais en diferentes competencias para desenvolver o seu labor. O elevado custo do programa fixo que se tivera que reformular e decidiuse formar un grupo de profesorado da Universidade de Vigo para que fora o encargado de formar os mentores e mentoras.

Deste xeito, no ano 2016, un colectivo formado por 25 profesores e profesoras uníronse voluntariamente á iniciativa. Recibiron unha formación de 80 horas e comezaron a encargarse da formación do alumnado mentor a partir do mes de maio de 2017. A idea é que cada ano se vaian incorporando dúas titulacións novas e así ir transferindo esta boa práctica ao resto da universidade.

A nivel xeral, a participación de diferentes membros da Universidade, tanto estudantado coma profesorado, é sumamente positiva: xera un sentimento comunitario e de identificación cos valores da institución e promove a convivencia e participación activa nos procesos da universidade. Estes lazos afectivos prolónganse no tempo e son considerados un elemento de arraigo e de identificación persoal e colectiva.
 

Os contidos desta páxina xestiónaos a Área de Formación e Innovación Educativa, se tes algunha consulta podes contactar con eles a través de:  innovacion.educativa@uvigo.es | +34 986 812 035