Plans de acción titorial
Un plan de acción titorial é un conxunto ordenado de accións previamente planificadas e coa colaboración da comunidade universitaria e que ten por finalidade guiar, orientar e acompañar ao estudantado durante os seus estudos universitarios.
A incorporacón da acción titorial á educación superior é recente. Os factores que propiciaron a súa implantación nas universidades españolas son:
- A necesidade de adaptación os requisitos do Espazo Europeo de Educación Superior.
- A implantación dos sistemas de garantía de calidade.
- Tomar accións fronte ás novas necesidades da universidade e a heteroxeneidade dos estudantes que acceden a ela.
- Responder á esixencia social sobre o rendemento e os resultados do sistema universitario.
- Permitir a detección de necesidade e identificación de puntos febles e puntos fortes en cuestións académicas e docentes.
Unha acción titorial está dirixida a facilitar a integración do estudantado na institución e sirve de ponte entre o alumnado e os diferentes servizos. Ademais, contribúe a personalizar a educación universitaria e da soporte ao alumnado no seu proceso de formación.
A titoría mellora ademais a docencia universitaria e implica un aumento na calidade dos servizos que se ofrecen, polo que supón un trazo de prestixio para a universidade.
Podes consultar os PAT dos diferentes centros nestas ligazóns:
Campus de Ourense
- Escola Superior de Enxeñaría Informática
- Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
- Facultade de Ciencias
- Facultade de Educación e Traballo Social
- Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
- Facultade de Dereito
- Facultade de Historia
- Escola Universitaria de Enfermaría
Campus de Pontevedra
- Escola de Enxeñaría Forestal
- Facultade de Belas Artes
- Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
- Facultade de Comunicación
- Facultade de Fisioterapia
- Escola Universitaria de Enfermaría
- Centro Universitario da Defensa (Marín)
- Facultade de Dirección e Xestión Pública
- Facultade de Deseño
Campus de Vigo
- Facultade de Filoloxía e Tradución
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
- Facultade de Bioloxía
- Facultade de Ciencias do Mar
- Facultade de Química
- Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
- Escola de Enxeñaría Industrial
- Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
- Facultade de Comercio
- Escola de Enfermaría de Meixoeiro
- Escola de Enfermaría de Povisa