Crebacabezas de cores

Feira de emprego

A Universidade de Vigo colabora con outras universidades e entidades no desenvolvemento de feiras de emprego, tanto presenciais como virtuais

Cartel da feira EmpregoInCampus 2024


EmpregoinCampus 2024

A feira EmpregoinCampus bríndache a oportunidade de coñecer de primeira man a demanda de persoal de máis de 100 entidades de moi diversos sectores, así como de contactar directamente coas persoas responsables dos procesos de selección.

Ao rexistrarte poderás entregar o teu currículo ás empresas a través dun código QR.

Ademais de visitar as mesas informativas, terás a oportunidade de participar en moitas actividades de gran valor engadido antes e durante a feira.

Antes do desenvolvemento da feira poderás preparar a túa candidatura nun dos obradoiros organizados con este fin. Durante a feira disporás do Pasaporte de empregabilidade, un espazo onde recibirás asesoramento sobre o teu CV e che farán unha foto de calidade para o teu currículo ou as túas redes sociais profesionais.

Ademais poderás asistir, de balde e unha vez realizada a inscrición, ás actividades organizadas desde o Foro Talento-Fundamental.

Máis información


EmpregoinCampus Vigo 

  • 27 de febreiro de 2024, de 10.00 a 19.00 h, e 28 de febreiro de 2024, de 10.00 a 14.00 h, 
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
    As Lagoas, Marcosende
    36310 Vigo
  • Inscrición

Foro Talento-Fundamental

  • 27 e 28 de febreiro de 2024
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
    As Lagoas, Marcosende
    36310 Vigo
  • Web


EmpregoinCampus Ourense

  • 18 de abril de 2024 (pendente de confirmación)
  • Pavillón universitario de deportes
    As Lagoas, s/n
    32003 Ourense
  • Inscrición

 

EmpregoinCampus Pontevedra

  • Pendente de confirmación
  • Facultade de Comunicación
    A Xunqueira
    36005 Pontevedra
  • Inscrición

 

Edicións anteriores

EmpregoinCampus 2023

EmpregoinCampus Vigo 

Día: xoves 16 de marzo
Horario: de 10.00 a 19.00 h
Onde: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. As Lagoas, Marcosende. 36310 Vigo.

EmpregoinCampus Vigo está organizada polas facultades de Ciencias Económicas e Empresariais, de Ciencias Xurídicas e do Traballo, de Ciencias Experimentais e conta co apoio da Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade, do Consello Social da Universidade de Vigo, do Concello de Vigo e do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

EmpregoinCampus Ourense

Día: mércores 22 de marzo de 2023
Horario: de 10.00 a 19.00 h
Onde: Pavillón universitario de deportes. As Lagoas. 32004 Ourense

EmpregoinCampus Ourense está organizada pola Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade e conta co apoio da Vicerreitoria do Campus de Ourense, da Deputación de Ourense e do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

EmpregoinCampus 2022

A primeira feira internacional EMPREGOinCAMPUS xorde para pór en contacto a persoas tituladas e o estudantado do último curso con empresas colaboradoras que estean buscando talento na Universidade de Vigo.

A Área de Emprego e Emprendemento organiza este evento co apoio do Consello Social da Universidade de Vigo, o Concello de Vigo e o EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, así como coa colaboración da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), o IEFP de Portugal,  CIM-AM - Camara Municipal de Valença-Alto Minho- e a Associação Empresarial de Viana do Castelo.

EMPREGOinCAMPUS terá lugar nas facultades e escolas dos tres campus universitarios en tres datas distintas en función do campus e do perfil das candidaturas. As datas da feira e os prazos de inscrición e de publicación da listaxe de empresas participantes dependerán de cada campus.

Convidámoste a botarlle un ollo aos distintos perfís buscados e a participar de balde na feira EMPREGOinCAMPUS!

Velaquí as datas das edicións da feira en cada campus e toda a información que precisas para inscribirte.

EmpregoCampus en Vigo

27 e 28 de abril: ámbitos xurídico-empresarial e linguas nos negocios

Perfil das candidaturas

Estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: administración e dirección de empresas, dereito, economía, comercio exterior, relacións laborais, tradución e interpretación e filoloxías.

Cando e onde?

Os días 27 e 28 de abril de 2022, na entrada das facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

Programa

Inscrición

Empresas
Prazo: ata o 15 de abril de 2022

Inscrición

Estudantes e persoas egresadas
Prazo: ata o 26 de abril de 2022

Inscrición

EmpregoinCampus en Ourense

Ámbitos xurídico-social, humanístico, científico e tecnolóxico: aprazada

  • Ámbito xurídico, social e humanístico

    Perfil das candidaturas

    Estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: administración e dirección de empresas, dereito, educación infantil, educación primaria, educación social, xeografía e historia, e traballo social e turismo.

     
  • Ámbito científico e tecnolóxico

    Perfil das candidaturas:

    Estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: ciencias ambientais, enfermaría, enxeñarías aeroespacial, agraria e informática, e tecnoloxía dos alimentos.
    ​​

EmpregoinCampus en Pontevedra

Ámbitos da comunicación, deseño e artes; educación, saúde e deporte; dirección e xestión pública: aprazada

  • Ámbito: comunicación, deseño e artes

    Perfil das candidaturas: estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: belas artes, comunicación audiovisual e publicidade e relacións públicas.

     
  • Ámbito: educación, saúde e deporte

    Perfil das candidaturas: estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: ciencias da actividade física e do deporte, educación primaria e secundaria, enfermaría e fisioterapia.

 A Universidade de Vigo está colaborando coa de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), o EURES Transfronteirizo Galicia - Norte de Portugal e o IEFP/EURES Portugal na organización de OneJob 2021, a segunda edición da súa feira europea de emprego en liña.
 

Días: 28 e 29 de outubro de 2021
Formato: en liña
Prazo de inscrición: 15 de outubro (empresas) e 27 de outubro (candidaturas)
 

Feira de emprego One Job 2021


Empresas

Gustaríache incorporar novos e novas profesionais nos teus equipos de traballo? Queres ampliar a túa busca de talento a persoas universitarias de toda Europa?

Se contestaches que si a estas preguntas, inscríbete!

Sen necesidade de efectuar pagamentos nin desprazamentos poderás:

  • Rexistrarte e crear/actualizar o perfil da túa entidade como expositor na plataforma.
  • Promover as túas ofertas de emprego ou de prácticas en Europa, con especial foco en España e Portugal
  • Interactuar con candidaturas do teu interese a través dun chat individual os días da feira.
  • Planificar e realizar entrevistas en liña individuais tanto durante a feira como ao longo da semana posterior a esta.
  • Incluír unha presentación da túa empresa e das posibles necesidades de recrutamento no programa do evento

Aínda que se empregará o inglés como principal idioma de traballo, tamén se poderá usar o español e o portugués.

Formulario de inscrición
 

Estudantado e persoas egresadas

Estás a buscar emprego? Queres candidatarte a empregos que coincidan co teu perfil universitario? Talvez queiras participar nalgunha entrevista de recrutamento?

Se contestaches afirmativamente a estas preguntas e, ademais, queres beneficiarte dun programa en vivo de presentacións de empresas que cobren unha ampla gama de temas (busca de emprego, mobilidade, ofertas de emprego...), inscríbete!

Os únicos requisitos para participares son ter acceso a:

  • Un ordenador, tableta ou teléfono intelixente con acceso a internet
  • Un auricular con micrófono
  • Idealmente, unha cámara web
  • Unha conta de Skype (para charlar e realizar posibles entrevistas de recrutamento durante o evento)

Formulario de inscrición

A Finde.U ten como obxectivo reforzar a conexión existente entre Galicia e o norte de Portugal poñendo aos principais empregadores españois, portugueses e internacionais en contacto directo co talento universitario dos máis de 66.000 estudantes e cerca de 150.000 persoas tituladas polas catro institucións.

A feira presentou tres eventos:

  • Feira Virtual. Realizada a través da web os días 9 e 10 de abril de 2019
  • Feira presencial en Vigo. IFEVI. 22 e 23 de outubro de 2019
  • Feira presencial en Porto. EXPONOR. 29 e 30 de outubro de 2019

Máis de 150 empresas de todos os sectores participaron nos eventos presenciais de Porto e Vigo. 

 

 

Máis información:

Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 810 437
orientacionlaboral@uvigo.gal

Linkedin