Un PAS traballando diante dun ordenador, Vista cenital

Administración e persoal

A misión do noso ámbito de xestión é prestarlle apoio técnico e administrativo aos procesos de ensinanza e investigación, cunha clara orientación cara ao servizo a toda a comunidade universitaria, anticiparse aos retos e responder ás demandas da sociedade, mediante a participación e o compromiso de profesionais cualificados e a axuda dos medios tecnolóxicos máis avanzados, para contribuír así ao cumprimento da misión e dos obxectivos da Universidade e ao respecto dos valores institucionais.

Os valores do ámbito de xestión son:

  • Orientación ao servizo
  • Transparencia
  • Coordinación
  • Participación
  • Eficacia, eficiencia e efectividade
  • Calidade
  • Proximidade
  • Profesionalidade