Encontros Universidade-Empresa
Data de celebración:
25 of October of 2019From 10:15 to 13:00
Dirixido a
Medios and PDIOrganiza
Vicerreitoría do campus de Pontevedra and Vicerreitoría de TransferenciaLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
Charlas e seminarios and XornadasEntrada:
de balde Reservation required.Modalidade
PresencialCentrado nas diferentes áreas do Campus Crea
Asisten: Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra, e a vicerreitora de Transferencia, María Consuelo Pérez
A Vicerreitoría de Transferencia, xunto coa Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, promove unha nova edición dos Encontros Universidade-Empresa, dirixidos a promover o contacto entre os investigadores e investigadoras e a contorna empresarial, así como a estudar vías de colaboración entre ambos colectivos. Baixo o título de Innovar desde a sustentabilidade no Campus Crea, no encontro que se celebrará na Casa das Campás acollerá unha serie de mesas temáticas nas que participarán 31 investigadores e investigadoras do campus e representantes de 17 empresas, institucións e organismos relacionados cos ámbitos de saúde e deporte, arte, moda e comunicación, medio ambiente e educación.
O encontro abrirase coas intervencións do vicerreitor do campus e da vicerreitora de transferencia, tralas que se desenvolverán, a partires das 10.30 horas, dúas sesións de mesas de traballo.