G-Night. Noite galega das persoas investigadoras
Data de celebración:
24 of September of 2021 at 18:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Est. Porto, 3
36202 Vigo
Spain
Tipo de evento
Charlas e seminarios , Conferencias and FeiraEntrada:
De baldeModalidade
PresencialBaixo o lema 'Conciencias creativas'
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da UVigo; Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Internacionais; Belén Rubio, vicerreitora de Investigación; Pablo Carrera, director do Centro Oceanográfico de Vigo (IEO – CSIC); José Fernández Babarro, vicedirector de Organización do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM – CSIC) e Luis Pérez Freire, director xeral de Gradiant
Baixo o lema Conciencias creativas, hoxe celébrase en toda Galicia a Noite europea das persoas investigadoras. A G-Night encherá as cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo de actividades de divulgación en lugares afastados dos laboratorios, como rúas, museos e bares, nun ambiente festivo.
O Tinglado do Porto de Vigo acolle a partir das 18.00 horas a inauguración das actividades que se celebran na cidade olívica cunha visita do reitor á feira científica que se celebra nesa ubicación que acolle postos nos que persoal investigador da UVigo desenvolverá actividades divulgativas. No Tinglado tamén se pintará un mural en directo.
O resto de actividades programadas en Vigo desenvolveranse no edificio Redeiras de O Berbés, na Biblioteca Central do campus de Vigo, no bar Vitruvia e no museo Marco. Ademais a embarcación do grupo Geoma, Inndaga, realizará tres paseos científicos desde o Porto de Vigo.
Para participar nas actividades, salvo na feira e na mostra de graffiti, é precisa inscrición previa.