Pontenciencia
Data de celebración:
27 of May of 2022From 10:00 to 19:30 28 of May of 2022
From 10:00 to 14:30
Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Concello de Pontevedra and Universidade de VigoLugar
Campus Universitario da Xunqueira. A Xunqueira, S/N
36005 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
Actividade infantil , Charlas e seminarios and FeiraEntrada:
De balde No reservation required.Modalidade
PresencialNa Escola de Enxeñaría Forestal
A Escola de Enxeñaría Forestal acolle, os días 27 e 28 de maio, a Feira da Miniciencia, fase final do programa Pontenciencia, no que estudantes de 19 centros de ensino do municipio presentan as investigacións que desenvolveron nos últimos meses diante dun comité científico integrado por investigadores e investigadoras das diferentes facultades e escolas do campus.
Promovida polo Concello de Pontevedra coa colaboración, entre outros, da Universidade de Vigo, trátase dunha iniciativa financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt), que se abre na mañá do venres coa presentación dos proxectos da categoría Ciencia no cole por parte do alumnado de primaria, complementada pola organización dunha serie de talleres.
A actividade continúa o venres pola tarde coa presentación dos proxectos de estudantes de nove centros de secundaria e complétase o sábado coa defensa dos experimentos desenvolvidos na categoría Ciencia en familia.