Sinatura de convenio entre a Universidade e a Deputación de Pontevedra para o desenvolvemento dunha nova edición da Cátedra de Feminismos 4.0

  • Medios
  • Vigo
  • Rolda de prensa - Presentación

Data de celebración:

23 of June of 2021 at 12:30

Dirixido a

Medios

Organiza

Universidade de Vigo and Deputación de Pontevedra

Lugar

Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo

Eduardo Chao 17
36202 Vigo
Spain

Tipo de evento

Rolda de prensa - Presentación

Entrada:

De balde No reservation required.

Modalidade

Presencial

Na sala Rosalía de Castro da sede da Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra 

Sinatura do convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra para o desenvolvemento dunha nova edición da Cátedra de Feminismos 4.0. A cátedra, que botou a andar en 2019, ten como finalidade a promoción da igualdade, a non discriminación e a accesibilidade universal das mulleres no ámbito das actuais sociedades da información, a promoción e impulso de actividades de investigación e innovación feminista en todos os ámbitos de coñecemento. En concreto, as actividades que se enmarcan nesta cátedra teñen un dobre obxectivo: evitar que no espazo dixital se reproduza e amplifique a desigualdade de xénero que persiste na sociedade e incrementar a presenza feminina nas áreas científico-tecnolóxicas.

Debido á situación sanitaria ante a covid-19, os medios de comunicación e persoas interesadas poderán seguir o acto en directo a través da páxina da Deputación, no seguinte enlace: 

https://www.depo.gal/-/directo-presentacion-da-terceira-edicion-da-catedra-de-feminismos-4-0

 

Write it down in:

Add to Calendar 2021-06-23 12:30:00 2021-06-23 12:30:00 Universidade de Vigo e Deputación de Pontevedra presentan a terceira edición da Cátedra de Feminismos 4.0 Na sala Rosalía de Castro da sede da Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo Universidade de Vigo Deputación de Pontevedra Europe/Madrid public