Es deportista de elite?
Se ademais estás cursando estudos oficiais de grao ou posgrao na Universidade de Vigo ou tes pensado inicialos no vindeiro curso, rexístrate como deportista de elite e goza de todos os teus dereitos:
- Elección do horario, quenda ou grupo
- Xustificación de faltas de asistencia das sesións lectivas
- Flexibilización do calendario de exames
- Programas específicos de atención e de axuda para facilitar a conciliación dos estudos cos adestramentos e a práctica deportiva
- Obtención do recoñecemento de ata 6 créditos ECTS
- Reserva non inferior ao 5 % en prazas das residencias universitarias
- Acceso gratuíto ás nosas instalacións deportivas
No Estatuto do estudantado deportivo da Universidade de Vigo poderá consultar os requisitos para adquirir estes dereitos e coñecer toda a información.
Rexístrate a través do Campus Activo e non dubides en expoñernos as túas dúbidas a través das RRSS de mUVers!
Máis información:
Área de Benestar, Saúde e Deporte
Edificio Deportes
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 182
deportes@uvigo.gal