Faculties committees

This content is currently not available in English

A xunta de escola ou de facultade é o órgano de representación, decisión e goberno de cada centro

Cada Xunta de Centro, nos termos que establezan os estatutos, elixen á persoa decana ou directora do centro, de entre o profesorado que teña vinculación permanente á Universidade, adscrito ao centro. Das xuntas de centro dependen cometidos cruciais como o debate e aprobación da proposta de distribución do orzamento anual de cada centro e da súa execución, así como a implantación e seguimento dos plans de estudos.


Funcións

  • Elaborar, aprobar e modificar a proposta do seu regulamento de réxime interno e doutros regulamentos de carácter organizativo considerados necesarios.
  • Elixir e revogar o decana ou decano ou a directora ou director.
  • Aprobar a proposta de distribución do orzamento anual do centro e a súa execución.
  • Implantar e seguir os plans de estudos.
  • Coidar do bo funcionamento de todos os órganos e servizos do centro.
  • Preparar e coordinar, de modo eficaz e adecuado, o horario das distintas materias, cursos monográficos, cursos de especialización, probas parciais e finais, e a distribución de aulas e servizos e de ensinanzas complementarias.
  • Habilitar medidas de control para cumprir as obrigas docentes.
  • Distribuír os espazos que lle sexan asignados.
  • Aprobar e executar o sistema de garantía de calidade.
  • Aqueloutras que lle poidan atribuír estes estatutos e outra normativa vixente.

 

Composición das xuntas de centros

Campus de Ourense

Campus de Pontevedra

Campus de Vigo