Xuntas de centro

A Xunta de Escola ou de Facultade é o órgano de representación, decisión e goberno de cada centro

Cada Xunta de Centro, nos termos que establezan os estatutos, elixen á persoa decana ou directora do centro, de entre o profesorado que teña vinculación permanente á Universidade, adscrito ao centro. Das xuntas de centro dependen cometidos cruciais como o debate e aprobación da proposta de distribución do orzamento anual de cada centro e da súa execución, así como a implantación e seguimento dos plans de estudos.

  • A elaboración, aprobación e modificación da proposta do seu regulamento de réxime interno. 
  • A elección e revogación do decano ou decana ou director ou directora. 
  • A aprobación da proposta de distribución do orzamento anual do centro e da súa execución. 
  • A implantación e o seguimento dos plans de estudos. 
  • O coidado do bo funcionamento de todos os órganos e servizos do centro. 
  • A resolución de conflitos que se poidan producir no seo do centro. 
  • A promoción e o ordenamento da realización de proxectos de fin de carreira, teses de licenciatura e de ensinanzas e actividades complementarias exixidas para obter os títulos. 
  • A proposición e aplicación das normas de selección de estudantes e a valoración do seu rendemento e aproveitamento. 
  • A preparación e a coordinación, de modo eficaz e adecuado, do horario das distintas materias, cursos monográficos, cursos de especialización, probas parciais e finais, distribución de aulas e servizos e ensinanzas complementarias, así como a habilitación de medidas de control do cumprimento das obrigas docentes.
  • A coordinación con outros centros para facilitar a elección por parte do alumnado das materias de libre configuración do seu currículo. 
  • A distribución dos espazos que lle sexan asignados. 
  • Calquera outra atribuída nestes estatutos.