Xornada 'As bondades do consumo de aceites de oliva virxe'
Data de celebración:
7 of March of 2019 at 9:45Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Grupo de Investigacións Agroambientais e Alimentarias da Universidade de VigoLugar
Edificio Politécnico, Campus Universitario As Lagoas s/n
32004 Ourense
Spain
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde. No reservation required.Modalidade
PresencialSerá no edificio Politécnico
Asisten (á clausura): Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, e Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense
O día 7 de marzo o campus de Ourense, concretamente a súa Facultade de Ciencias, acolle a celebración da xornada As bondades do consumo de aceites de oliva virxe. A cita, organizada polo Grupo de Investigacións Agroambientais e Alimentarias da Universidade de Vigo, reunirá a especialistas estatais e internacionais co obxectivo de contribuír a unha mellor información e formación nun sector emerxente en Galicia. A xornada arrancará ás 9.45 h coa intervención de Ana Torrado, coordinadora do Clúster de Investigación e Transferencia Agroalimentaria do Campus da Auga (Citaca) da Universidade de Vigo, e rematará ás 14.00 h cun acto de clausura que contará coa participación de Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, e Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense.