
Transferencia do coñecemento
Poñemos ao servizo da sociedade todo o noso potencial científico e tecnolóxico, equipos, infraestruturas e todos os nosos recursos de I+D
A Oficina de I+D ten como misión levar a cabo labores de transferencia das capacidades e resultados de I+D+i á contorna socioeconómica, destinados ao persoal docente e investigador (PDI), empresas e outras entidades externas.
Convocatorias abertas
IGNICIA - proba de concepto:
Axudas para poñer en valor e apoiar o desenvolvemento das aplicacións comerciais das investigacións xeradas polos centros de coñecemento galegos
Prazo: 20 de marzo
Conecta HUBS:
Axudas para proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos Hubs de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia
Prazo: 22 de abril
Servizos prestados
- Promover e actualizar a oferta das capacidades e resultados de I+D+i e servizos
- Organizar, realizar e participar en representación da Universidade de Vigo nas actividades de difusión e promoción de I+D+i que fomenten a transferencia de oferta de I+D+i e dos resultados
- Orientar ao persoal investigador en contratos e proxectos colaborativos de I+D
- Aconsellar e apoiar ao PDI na protección e valorización de resultados de I+D
- Asesorar e apoiar na explotación dos resultados de I+D, tanto a través de licenzas como de empresas baseadas no coñecemento (SpinOff)
- Orientar na elaboración de plans de promoción e explotación dos grupos de investigación que así o soliciten
- Apoiar os acordos que acompañen o labor de transferencia (acordos de confidencialidade, acordos de transferencia de material etc.)
Carta de servizos da Oficina de I+D
Oficina de I+D
Edificio Filomena Dato - 1º andar
Campus Universitario de Vigo s/n
otri@uvigo.es
+34 986 812 236