Matrícula graos

Graos 2021/2022

 

Matricularse por primeira vez

Unha vez que estás admitida ou admitido para iniciar estudos nunha titulación da Universidade de Vigo, deberás consultar os prazos de matrícula e facer os trámites na seguinte ligazón:

Matrícula
 

Continuar estudos

Se continuas os teus estudos na Universidade de Vigo, deberás a facer os trámites a través da túa secretaría virtual do 30 de agosto ao 15 de setembro:

Matrícula

 

 

  • Se por algunha circunstancia non podes facer a matrícula virtualmente terás que dirixirte, dentro do teu prazo de matrícula, á secretaría de alumnado da facultade ou da escola onde vas estudar (se eres alumna ou alumno de primeiro por primeira vez comproba que tanto o DNI coma a data de nacemento coinciden cos datos que facilitaches no Nerta).
  • No apartado de matrícula titulado «Exencións» debes marcar todos os descontos aos que tes dereito segundo a túa situación. Se no momento da matrícula esqueciches marcalos, deberás dirixirte ao Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos da Universidade de Vigo que resolverá o teu caso segundo a normativa vixente.
  • Se no momento de facer a matrícula xa tes solicitada a bolsa do Ministerio de Educación ou a do País Vasco (ou tes intención de solicitala), terás que marcar a opción «Bosleiro ou bolseira» no apartado de exencións. Isto fará que se che paralice o pagamento da matrícula ata a resolución da bolsa ou ata que se comprobe que compres os requisitos necesarios para solicitala.
  • Unha vez rematada a matrícula, terás que pagar o importe que che corresponda e entregar unha serie de documentos, no prazo indicado na convocatoria. Que non pagues ou non entregues esta documentación non implicará que se che anule a matrícula, senón que dará lugar á suspensión temporal dos dereitos como estudante e ao arquivo da matrícula (isto non afectará o réxime de permanencia nin impedirá concorrer ás probas de avaliación). Ademais suporá o pago dunha penalización (Importante: non se pode fraccionar o pagamento en efectivo ou con tarxeta. O pago fraccionado só se permite nas domicialicións bancarias).
  • Normativa de permanencia
  • Acreditación de nivel de competencia B1 en lingua inglesa esixido, a partir do curso 2018/2019, ao alumnado que acceda por primeira vez aos graos de:

    Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
    Enxeñaría en Organización Industrial
    Enxeñaría en Química Industrial
    Enxeñaría en Tecnoloxías Industrias
    Enxeñaría Eléctrica
    Enxeñaría Mecánica
    Enxeñaría Biomédica

Se non tes este nivel de competencia cando accedes á titulación, poderás obtelo mentres cursas o grao. A data límite para a súa xustificación será a da presentación da solicitude de defensa do TFG.

Existen varias opcións para realizar os trámites e presentar as solicitudes e a documentación:

Vía telemática

  • Na secretaría virtual (para matricularte, para solicitar matrícula fóra de prazo e  para solicitar anulación total de matrícula).

Para acceder, deberás dispoñer dun número de identificación único (NIU). Se es estudante de novo ingreso xeraráseche un NIU automaticamente ao finalizar a matrícula. Podes recuperar os teus datos de acceso na secretaría, no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/ 

En relación co procedemento para a presentación de solicitudes de prazas sobrantes e debido á necesidade de resolver con urxencia o procedemento de asignación de prazas para non demorar a incorporación do alumnado aos estudos de grao, será necesario facer constar o enderezo electrónico xa que será o medio de comunicación do procedemento.

Presencial

Para quen, por unha circunstancia excepcional, non poida realizar algún dos trámites polas vías anteriores:

  • Oficina de asistencia en materia de rexistro do campus de Vigo (Xerencia e Servizos Centrais - Campus de Vigo)
  • Oficina de asistencia en materia de rexistro do campus de Vigo-cidade (Edificio anexo Escola de Enxeñaría Industrial. Rúa de Torrecedeira, 86)
  • Oficina de asistencia en materia de rexistro do campus de Ourense (Edificio Administrativo - As Lagoas)
  • Oficina de asistencia en materia de rexistro do campus de Pontevedra (Escola Enxeñaría Forestal – A Xunqueira)

Cando a presentación da solicitude ou do trámite que cómpre realizar implique a necesidade de facer unha valoración simultánea do expediente académico e/ou a elección dunha opción determinada:

Cando a presentación da solicitude ou trámite a realizar implique a necesidade de facer unha valoración simultánea do expediente académico e/ou elección dunha opción determinada.

Dende as ABAU

Se superaches a proba de acceso na Universidade de Vigo e desexas iniciar os teus estudos noutra universidade, deberás solicitar o traslado de expediente.

Traslado de expediente ABAU

 

Queres cambiar de grao?

  • Para un grao da Universidade de Vigo

Estás matriculado/a nun grao da Universidade de Vigo e desexas trasladarte a outro grao na mesma universidade? Se xa te admitiron no novo grao, ao formalizar a matrícula, aparecerache unha mensaxe de se desexa realizar o traslado de expediente para poder efectuar a devandita matrícula.

  • Para un grao doutra universidade

Admitíronte nun grao noutra universidade? 

 

Máis información:

Servizo de Xestión de Estudos de Grao
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 607 | 986 813 609
soporte.grao@uvigo.gal