Postgraduate Studies Management Service

This content is currently not available in English

 

O Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao ten como misión impulsar e coordinar as actuacións administrativas relacionadas co alumnado e necesarias para a xestión dos estudos de posgrao na Universidade de Vigo.

  • Propor as instrucións de matrícula e admisión, planificar e coordinar os procesos e resolver incidencias.
  • Elaborar propostas de normas e criterios de aplicación sobre a materia, resolver incidencias.
  • Tramitar a elaboración e modificación de plans de estudos, elaborar e actualizar o catálogo de títulos de máster e doutoramento.
  • Colaborar e prestar apoio ao sistema de garantía de calidade nos centros, singularmente nos procesos de verificación, seguimento e acreditación das titulacións oficiais dos centros.
  • Coordinar a intervención das diferentes unidades colaboradoras e asistir tecnicamente ao persoal da unidade e dos centros, ámbitos e campus nas tarefas específicas da xestión académica.
  • Xestionar e expedir os títulos de máster, doutoramento e outros documentos relacionados.
  • Xestionar as propostas de títulos propios e expedir os títulos e diplomas.
  • Prestar apoio, coordinar e xestionar os acordos da Escola Internacional de Doutoramento.
  • Elaborar estudos e informes.
  • Tramitar reclamacións e impugnacións e elaborar propostas de resolución.
  • Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade.

Responsable

José Luis Gómez Reboiro
Xefe de Servizo

Persoal do Servizo

Consultar

Edificio Filomena Dato
Campus Universitario, s/n
36310 Vigo
+34 986 811 950
posgrao@uvigo.es