Inauguración dun carril-bici-vaca no campus
Data de celebración:
5 de outubro de 2023 ás 12:00Dirixido a
MediosOrganiza
Universidade de Vigo , Casa Grande de Xanceda e Concello de PontevedraLugar
Facultade de Comunicación de Pontevedra
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
Rolda de prensa - PresentaciónEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialA carón da Facultade de Comunicación
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Eva María Lantarón, vicerreitora do campus de Pontevedra; Xaquín Moreda, concelleiro de Sostemento Público, e Cristina Fernández, directora de Casa Grande de Xanceda
O campus acolle a inauguración dun carril-bici-vaca, unha acción promovida pola empresa Casa Grande de Xanceda, xunto co Concello e a Vicerreitoría, consitente no pintado de pasos de peóns con motivos de vaca no carril bici do campus.
Dirixida a promover a mobilidade sostible, esta acción vese complementada pola feira de produtos ecolóxicos e de proximidade que se desenvolverá no campus entre as 12.00 e as 19.00 horas.