Pro-Vice-Chancellor for Teaching Staff, Teaching and Degrees

This content is currently not available in English

Alfonso Lago Ferreiro, vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións

 

Nacido en Lalín en 1962, Alfonso Lago Ferreiro é profesor titular de universidade da Área de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo. É licenciado en Ciencias Físicas (especialidade de electrónica) co título de grao pola Universidade de Santiago de Compostela (1986) e doutor enxeñeiro industrial pola Universidade de Vigo (1994). 

Adxunto ao vicerreitor de Ordenación Académica da Universidade de Vigo entre os anos 1995 e 1997, dirixiu o Departamento de Tecnoloxía Electrónica entre os anos 2001 e 2003 e entre 2009 a 2012. Antes de ocupar a dirección da Área de Grao da Universidade de Vigo entre decembro de 2018 e xuño de 2022, foi director da Área de Profesorado entre xuño e novembro de 2018. É membro do panel de expertos para a acreditación de títulos universitarios oficiais de grao e de mestrado da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA), do Consello de Coordinación de Docencia Clínica de Galicia e da Mesa Institucional do Proxecto Galicia 2030.

As súa actividade investigadora inclúe temas de alimentación conmutadas, control aplicado aos convertedores de potencia, ademais de temas de innovación educativa relacionados cos xogos serios e dixitalización de contidos. 

Participante na organización de diversos congresos nacionais e internacionais, é coordinador xeral do SAAEI 2012 (Guimaraes) e TAEE 2012 (Vigo), Alfonso Lago é membro sénior do Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE) e formou parte da directiva da súa sección española como coordinador de capítulos (2012-2015), secretario (2016-2017) e vicepresidente (2018-2019). Tamén foi asesor na rama de estudantes do IEEE na Universidade de Vigo. 

  • As de elaboración do cadro teórico de persoal docente e investigador e a súa regulación a curto, medio e longo prazo.
  • As de elaboración e de modificación dos plans de organización docente e do cadro de persoal docente.
  • As relativas aos concursos de profesorado.
  • A aprobación das listaxes provisionais e definitivas de admitidos nos concursos de persoal docente funcionario e contratado.
  • As referentes aos programas de promoción e estabilización do persoal docente e investigador, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.
  • Todos os actos relativos á situación administrativa do persoal docente, incluídos os procedementos de xubilación e compatibilidades, así como a comunicación do recoñecemento dos complementos retributivos autonómicos.
  • Asinar os contratos, os nomeamentos e os cesamentos do PDI laboral e do PDI funcionario.
  • As referentes á ordenación de estruturas académicas, áreas de coñecemento, departamentos e centros, no relativo á súa actividade docente.
  • A oferta de prazas (límite de prazas) e a oferta educativa anual (encargo de docencia).
  • A actualización ou modificación da normativa de xestión académica.
  • A planificación, coordinación e supervisión dos procesos de elaboración e reforma dos títulos oficiais de grao e máster.
  • As relacionadas coa tramitación e cos procedementos administrativos das ensinanzas oficiais da universidade, así como a posta en marcha de novas titulacións.
  • As referentes aos procesos de avaliación do profesorado, en coordinación coa Secretaría Xeral.
  • Dirixir a negociación colectiva, asinar pactos e acordos e ditar resolucións e ordes de execución en materia de persoal docente e investigador.
  • As relacionadas con ensinos conducentes á obtención de diplomas ou títulos propios e outros cursos de formación.
  • As de coordinación dos programas, proxectos e accións de formación continua.
  • As relacionadas con programas, plans e accións de innovación educativa.
  • As de coordinación e control de centros adscritos á universidade, en materia académica.
  • A organización, realización e seguimento dos programas de formación ao longo de toda a vida, incluíndo o Programa de maiores.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas
    nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
  • A sinatura de resolucións relacionadas coa actividade académica de estudantes, distintas as que son obxecto de delegación na Secretaría Xeral, incluída a coordinación da
    matrícula.

Deléganse na Vicerreitoría de Profesorado, Docencia e Titulacións todas as competencias relacionadas coa instrución e resolución de procedementos que teñan relación coas funcións encomendadas.

 

Axenda

 

Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 595
vicprof@uvigo.gal