Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente
Alfonso Lago Ferreiro, vicerreitor
Nacido en Lalín en 1962, Alfonso Lago Ferreiro é profesor titular de universidade da Área de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo. É licenciado en Ciencias Físicas (especialidade de electrónica) co título de grao pola Universidade de Santiago de Compostela (1986) e doutor enxeñeiro industrial pola Universidade de Vigo (1994).
Adxunto ao vicerreitor de Ordenación Académica da Universidade de Vigo entre os anos 1995 e 1997, dirixiu o Departamento de Tecnoloxía Electrónica entre os anos 2001 e 2003 e entre 2009 a 2012. Antes de ocupar a dirección da Área de Grao da Universidade de Vigo entre decembro de 2018 e xuño de 2022, foi director da Área de Profesorado entre xuño e novembro de 2018. É membro do panel de expertos para a acreditación de títulos universitarios oficiais de grao e de mestrado da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA), do Consello de Coordinación de Docencia Clínica de Galicia e da Mesa Institucional do Proxecto Galicia 2030.
As súa actividade investigadora inclúe temas de alimentación conmutadas, control aplicado aos convertedores de potencia, ademais de temas de innovación educativa relacionados cos xogos serios e dixitalización de contidos.
Participante na organización de diversos congresos nacionais e internacionais, é coordinador xeral do SAAEI 2012 (Guimaraes) e TAEE 2012 (Vigo), Alfonso Lago é membro sénior do Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE) e formou parte da directiva da súa sección española como coordinador de capítulos (2012-2015), secretario (2016-2017) e vicepresidente (2018-2019). Tamén foi asesor na rama de estudantes do IEEE na Universidade de Vigo.
Competencias
- A oferta de prazas (límite de prazas) e a oferta educativa anual (encargo de docencia).
- A actualización ou modificación da normativa de xestión académica.
- A planificación, coordinación e supervisión dos procesos de elaboración e reforma dos títulos oficiais de grao e máster.
- As relacionadas coa tramitación e cos procedementos administrativos das ensinanzas oficiais da universidade, así como a posta en marcha de novas titulacións.
- As relacionadas con ensinos conducentes á obtención de diplomas ou títulos propios e outros cursos de formación.
- As de coordinación dos programas, proxectos e accións de formación continua.
- As relacionadas con programas, plans e accións de innovación educativa.
- As de coordinación e control de centros adscritos á universidade, en materia académica.
- A organización, realización e seguimento dos programas de formación ó longo de toda a vida, incluíndo o Programa de maiores.
- As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
Organización
Área de Innovación Docente
As funcións realizadas pola dirección desta área son as de asesoramento á vicerreitoría relativas a:
- Elaborar o cadro teórico de persoal docente e investigador.
- Ordear as estruturas académicas, áreas de coñecemento, departamentos e centros, no relativo á súa actividade docente.
- Actualizar ou modificar a normativa de xestión académica.
- Integrar os modelos de virtualización das ensinanzas.
- Coordinación as tarefas da vicerreitoría no consorcio ATHENA.
Martín López Nores
Director da Área de Innovación Docente
+34 986 812 039
direc.docencia@uvigo.gal
Área de Titulacións
As funcións realizadas pola dirección desta área son as de asesoramento á vicerreitoría relativas a:
- Elaborar e modificar os plans de organización docente.
- Realizar a oferta de prazas (límite de prazas) e a oferta educativa anual.
- Planificar, coordinar e supervisar os procesos de elaboración e de reforma dos títulos oficiais de grao e de mestrado.
- Realizar a tramitación e os procedementos administrativos das ensinanzas oficiais da universidade, así como a posta en marcha de novas titulacións.
- Coordinar e controlar os centros adscritos á universidade en materia académica.
David Patiño Vilas
Director da Área de Titulacións
+34 986 813 433
direc.titulacions@uvigo.gal
Escola Internacional de Doutoramento (Eido)
- Dirixir, coordinar e supervisar as actividades da Escola Internacional de Doutoramento.
- Representar a Escola Internacional de Doutoramento ante os órganos de goberno da Universidade de Vigo e en cantas instancias sexa necesario.
- Velar polo cumprimento dos obxectivos e polas funcións da Escola Internacional de Doutoramento.
- Presidir as comisión da Eido e propoñer os nomeamentos dos cargos da escola e dos coordinadores e coordinadoras dos programas de doutoramento.
- Informar das xestións realizadas no desempeño do seu cargo ao comité de dirección da Escola Internacional de Doutoramento.
Antonio Collazo Fernández
Director da Eido
+34 986 813 442
eido.dir@uvigo.gal
Alberto Marcos Arias Acuña
Subdirector da Eido
eido.subdir@uvigo.gal
Juan Pablo Hervés Beloso
Secretario académico da Eido
eido.sec@uvigo.gal
Escola Aberta de Formación Permanente (EAFP)
- Definir as estratexias de organización, planificación e desenvolvemento dos títulos propios da Universidade de Vigo.
- Coordinar o programa de formación do profesorado e outras actividades da área de innovación educativa.
- Coordinar os programas de formación para o estudantado senior da Universidade de Vigo.
- Establecer canles de comunicación coa comunidade universitaria, outras universidades, empresas, entidades e diferentes colectivos para o desenvolvemento de programas de formación continua.
- Participar nas redes nacionais e internacionais de formación continua.
María José Moure Rodríguez
Directora da EAFP
+34 986 130 293
eafp.direccion@uvigo.gal
Fernando Cerdeira Pérez
Secretario da EAFP
+34 986 130 293
eafp.secretaria@uvigo.gal
Carmen M.ª Abreu Fernández
Coordinadora xeral do Programa de Maiores
cpmvigo@uvigo.gal
Ana Acuña Trabazo
Coordinadora do Programa de Maiores do campus de Pontevedra
ganime@uvigo.gal
Alberto Vaquero García
Coordinador do Programa de Maiores do campus de Ourense
vaquero@uvigo.gal
Secretaría
María Amelia Coello Casado
Secretaría
+34 986 813 595
vicprof@uvigo.gal
Cristina Vázquez Ríos
Posto base
+34 986 813 435
auvpro02@uvigo.gal
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 595
vicprof@uvigo.gal